24 may 2014

Se non votas non te queixes

Como hoxe é o día de reflexión e non se pode facer campaña electoral, imos disfrutar un pouco da desobediencia que tanto nos presta para darlle caña a farsa democrática. Cousa de imperiosa necesidade, lamentablemente, pois comprovei nas miñas propias carnes estes últimos días como o discurso electoralista colouse incluso nos lugares máis insospeitados. Patidifuso quedei cando xente que se reclama libertaria, que frecuentou hai máis dunha década os locais e colectivos que daquelas xestionávamos, defendía con vehemencia o voto para un destes partiduchos "enrollados" que surxiron aredor do 15M como as moscas surxen aredor da merda. Partidos sen escrúpulos (como todos) que elaboran os seus programas electorais metendo nunha mesma habitación a un membro de Stop Desafiuzamentos, a outro do 15M, a un represaliado do 22 de marzo e a un negro (mellor se é gay) e lles dín: "Ala, escrivide o que queirades". Total non van gañar, e aínda que gañaran farían igual o que lles saira "dos escaños".

Bueno, pois por todo iso, por tanto tontolaba recriminandonos a nós que non "exerzamos os nosos dereitos", e para completar un pouco os textos antielectorais xa publicados, imos rescatar este outro artigo que elaboramos hai tempo noutras eleccións:


Se non votas non te queixes. Vaia absurda afirmación! Acaso non existe outro xeito de participar nos asuntos do noso arredor? É entón o acto de meter un papel nunha urna, en períodos de varios anos, o único método polo que un ser humano pode participar das decisións que o afectan na súa vida? A realidade do noso entorno está composta de multitude de formas nas que un pode tomar decisións políticas máis alá de decidir, de entre un reducido grupo de usurpadores da soberana decisión, cal será o seguinte chupóptero encargado de manternos apartados do exercicio real do control das nosas propias vidas.

De feito é ao contrario: Se votas non te queixes, posto que se participaches do xogo, por forza terás que acatar o seu resultado. Se apostas ás cartas e perdes, que dereito tes a protestar? Ti es o culpable da túa propia desdita. Somos os que non participamos da farsa electoral os que poderemos, en todo caso, queixarnos por sufrir os desastrosos resultados do engano do sistema representativo. Porque nós sabemos que na ruleta electoral, como no resto de xogos de azar, a Banca sempre gaña; mal que vos pese aos ludópatas democráticos, empeñados en apostar o noso futuro entre un vermello e un negro que, a fin de contas, sempre ofrecen un idéntico resultado.

A triste realidade é que o que vota é responsable do goberno resultante da votación á que concorreu, xa votase por quen gaño ou por calquera outra opción do xogo democrático, posto que co seu voto concedeu lexitimidade ao sistema delegativo. A participación no enganoso ritual de perpetuación capitalista desármate moralmente para impugnar os seus resultados.
Se ninguén votase, a inxusta partidocracia perdería a súa lexitimidade e veríase obrigada a mostrar a verdadeira natureza despótica na que se sustenta, unha vez desposuída da súa fachada popular.

De verdade cremos que dentro de cen anos alguén recordará que partido estaba en que momento no poder? Evidentemente non, porque no fondo a alternancia de partidos só ofrece unha xestión continuada dun mesmo sistema de goberno. Mantendo inalterable a inxustiza en canto á distribución económica, política e social. E isto vai por calquera outro partido que puidese substituír aos actuais con opcións de goberno para que, co cambio, todo puidese seguir igual.

Xa sen entrar na inxustiza intrínseca que se esconde tras a democracia representativa, é importante saber que o sistema ten fortes mecanismos de control mediante os cales, canto máis se achega un partido ao poder, máis tivo este que renunciar aos seus principios para render obediencia a aqueles que detentan o verdadeiro poder na sombra. Se non é así, os medios de información, en mans dos preeminentes grupos empresariais, así como toda a batería de medidas legais, políticas e financeiras destinadas ao soporte do status quo, encargaríanse de anular calquera posibilidade real dun cambio político. Nos escasos casos nos que todas as medidas de contención fallaron e un partido político con verdadeiras ansias de cambiar algo chegou democraticamente ao poder, a historia ensínanos, sen ningún xénero de dúbidas, como á tan sacrosanta democracia non lle caen os aneis para transformarse en cruel e férrea ditadura, en evidente conivencia coas democracias circundantes, con tal de que continúe o libre fluxo de capitais e se manteña o esquema xeopolítico. E se alguén dubida do aquí afirmado que recorde o socialismo chileno de Allende,as eleccións palestinas do 2006 ou, sen ir tan lonxe, o que aconteceu aquí mesmo no ano 1936.

Así que aqueles parvos que nos reprochen que coa nosa negativa a participar do circo electoral favorecemos unha ou outra opción política determinada (idénticas á fin e ao cabo, como tres décadas e media de democracia parlamentaria nos permitiron comprobar), que saiban que moito máis temos que reprocharlles nós a eles. Pois quen elixe o malo para que non veña o peor, condénanos a todos a vivir sempre mal.

Ningunha revolución saíu nunca das urnas. A verdadeira política está na rúa, arrancándolle ao poder o dominio das nosas vidas por medio da asemblea, a autoxestión, a loita e as barricadas. Porque teremos que ser nós mesmos, sen delegar en falsos representantes nin servís partiduchos, os que fagamos polos nosos medios deste un mundo mellor. Os que consigamos, paso a paso, o verdadeiro control das rendas das nosas vidas.


C.R.

3 comentarios:

  1. Más que patidifuso que usted se quedaron los dirigentes de la CNT al comprobar que la base de la CNT votaba en masa en febrero de 1936.
    ¿Por qué fueron a votar? Según el autor del articulo, porque eran parvos y tontolabas. Y detras de estos calificativos, que el autor lanza tan amistosamente, se nota que hay un rigurosisimo analisis historico del movimiento obrero. ¿Ninguna revolución salió de las urnas? Le recuerdo que la Comuna de Paris se formó a traves de las urnas y que a pesar de haber nacido con ese pecado original forma parte de la memoria de todos los obrer@s con conciencia de clase por sus politicas anticapitalistas.
    Un punto interesante del articulo es cuando se afirma la injusticia intrinseca de la democracia representativa. Seguiendo al autor, un comite de huelga elegido en asamblea y democraticamente por los trabajadores es intrinsicamente injusto. Los trabajadores deberían votarse individualmente, tal y como reza el cartel que aparece más arriba, y negociar uno por uno con el jefe. Es decir, como individuos y no como clase. No me negará el autor del articulo que entre lo que reza el cartel abstencionista que aparece más arriba y el "ciudadanismo" que defienden los sectores más atrasados del 15-M no hay mucha diferencia.
    Si traslamos su lógica al terreno laboral sería la siguiente: "Como vivimos en un sistema capitalista, en el que la fuerza de trabajo es explotada por el capital, y nunca dejara de ser explotada hasta que desaparezca el capital, es de "tontolabas" y "parvos" luchar por reformas y dentro del marco capitalista". De esta manera, l@s obrer@s no deberían luchar por un aumento salarial o por una reducción en la jornada laboral y esperar con los brazos cruzados hasta el día del juicio final. ¿A quién beneficia este discurso, en apariencia muy radical?
    Creo que el autor confunde democracia burguesa y democracia obrera, el "cretinismo" parlamentario con utilizar sus instituciones como tribuna revolucionaria.

    ResponderEliminar
  2. Para empezar, no artigo chámase "parvos" e "tontolabas" aos que nos recriminan aos abstencionistas a nosa negativa a participar do circo electoral, non aos que votan; así que a ver se deixamos de terxiversar ou aprendemos a ler mellor.

    Segundo, o artigo non entra a valorar "a inxustiza intrínseca da democracia representativa", aínda que podería perfectamente telo feito (recoméndoche a ese respecto "a lei do número" do pensador anarquista vigués Ricardo Mella), pero o certo é que no presente texto só se critica o sistema "partidocrático" e a democracia burguesa. Así que novamente a ver se aprendemos a ler mellor... ou a non dicir mentiras.

    Terceiro, a Comuna de Paris foi un movemento insurreccional, non sufraxista, e o seu acceso ao poder debeuse á forza das armas e non dos votos. Por certo que eran opostos ao goberno Francés en funcións, elixido DEMOCRATICAMENTE pouco antes do levantamento e de corte monárquico, contra el levantáronse os parisienses... e non precisamente esgrimindo urnas electorais.
    O que si que chegou democraticamente ao poder foi Hitler.

    Cuarto, non toda a C.N.T. votou en masa no 36. Moitos negáronse a facelo fieis aos seus ideais anarquistas. E aínda que tivesen votado todos, xa ves para o que lles serviu, así que máis ao meu favor. Un estupendo exemplo de como votes o que votes ao final o poder se sae coa súa.

    E por último, a túa transposición do discurso do artigo ao eido laboral é tan falsa e torticera como o resto do teu comentario. Por suposto que os obreiros deben loitar por aumentos salariais ou reducións de xornada. Pero dende logo que non deben facelo votando aos chupopteros que viven de representalos, que se benefician de horas sindicais para uso propio, que se embolsan subvencións, chanchullos e prebendas (como os cursos de formación), que negocian ser fixos eles na empresa mentres aos demais nos dan polo cu e que enchufan os seus afiliados por diante dos pringados que temos máis experiencia. A eses si que non deben votalos, a menos que queiran perpetuar o desastroso sistema de vendeobrerismo burocratizado auspiciado polos pactos da moncloa e rubricado polos traidores sindicaleros a cambio das súas 30 moedas de prata. Pois é evidente que dende que o sindicalismo enfilou o derrotero oficial non fixo se non ir costa abaixo, de cú e sen freos.

    O de comparar o cartel abstencionista cos sectores máis atrasados do 15M non merece nin resposta.
    "Que dios te conserve el entendimeinto"... vaiche facer falta amigo.

    C.R.

    ResponderEliminar
  3. Por certo que tanto no texto coma no cartel se ensalza o asamblearismo, a autoxestión e a libre asociación; así que iso de dicir que o artigo defende a negociación individual co xefe e que é contrario aos comités de folga surxidos das asambleas e unha soberana gilipollez... o unha falaz e interesada manipulación.

    ResponderEliminar