Como remate da nosa campaña electoral damos pulo a este artigo asinado por Vicent Teulera e publicado na web do Grupo Tortuga:
En varios sitios vin estes días o exemplo dunha vila de León gobernada polo PP con só dous votos e ante unha abstención de 97%. Véis? Se tivese ido a votar toda esa xente non estarían gobernados polo PP...¡Hay que votar! ... Coma se noutras vilas de León onde vota case todo o mundo non estivese a gobernar tamén o PP ou algún parecido. Coma se unha alta participación electoral tivese algo que ver con ser menos gobernado durante a lexislatura polos listos que conseguiron as butacas, os diñeiros e o bastón.
Por outra parte sae en prensa esta noticia: "Facebook mostrará o botón "Son votante" en todo o mundo, para as eleccións. Esta iniciativa, que pretende permitir que os usuarios de Facebook informen os seus amigos que xa votaron nas eleccións, foi creada para aumentar o número de votos nos países onde se implanta, xa que cando alguén ve que o seu amigo xa votou, tende a facelo tamén".
¡Vaites!, que responsabilidade a deses votantes por inercia. Non? E logo os pasotas irreflexivos son os abstencionistas. E digo eu: se FB, que é unha empresa do sistema chunga que non vexas, se esmera en que haxa menos abstención, como é que ao final ao sistema lle acaba vindo ben a abstención?
Eu son abstencionista recalcitrante, confésoo. Aínda así non creo que o mero feito de non ir votar supoña grandes cambios cara a nada. En canto a utilidade práctica inmediata non contén máis que a que poida ter o acto fetichista de botar o papel. Porque que activista ou votante de partido pequeno que non sexa parvo de remate ten a máis mínima esperanza de que ao día seguinte das eleccións europeas se vai producir un xiro político e económico no continente? E aínda así os discursos son igual de grandilocuentes e hueros que os dos seus irmáns maiores.
E se algunha utilidade ten o voto, é dar un voto (valla o xogo de palabras) de confianza aos partidos grandes, eses que están cheos de trepas ao axexo do diñeiro e os cargos. E se se vota ao partido que aspira a sucederlles votarase a aqueles que teñen a esperanza de que trepan el e encherse os petos no seu lugar. Se se vota a un partido pequeno normalmente non vale para nada de nada. É o que poderiamos chamar "o voto inútil". Se acaso para que algún dos seus integrantes máis imaxinativos soñen con estar un día no lugar dos partidos grandes e encherse os petos no seu lugar. Actuación utópica ou brinde ao sol poderiamos chamar á dos seus ilusionados votantes.
Rapaces, a democracia é outra cousa que botar papeis e ser sempre súbditos duns e doutros. Ou sexa que, aínda que poida non servir para nada, non lles deamos bóla. Absolutamente a ningún nin a ningunha delas. E nin moito menos ao seu maldito sistema electoral. Como mínimo así deixamos de lexitimar o seu latrocinio de poder e riqueza e as súas ansias de protagonismo..
No hay comentarios:
Publicar un comentario