Información facilitada por Mapuexpress:
A 15 de maio, a folga dos prisioneiros políticos Mapuche culminou logo que o goberno accedese a revisar a Lei Antiterrorista e a Lei Civil que utilizou as testemuñas sen rostro, a trasladar aos detidos a un centro de educación e traballo en Victoria, e enviar ao preso enfermo Llanca Tori a tratamento e exames a un hospital, mentres se inicia o trámite para o seu indulto por razóns humanitarias debido ao seu grave estado de saúde.
Estas tres demandas foran as formuladas ao Estado chileno cando se inicira este protesto de Luis Marileo, Cristián Levinao e Leonardo Quijón, quen en 7 de abril comezaran un xaxún para esixir medidas administrativas que contempla o ordenamento xurídico chileno e que avala a normativa do Dereito Internacional sobre Dereitos Humanos e ás que Chile adheriu.
A noticia foi entregada á comunidade mapuche polo voceiro dos prisioneiros políticos Fredy Marileo nun foro organizado por estudantes mapuche de Temuco no fogar de estudantes Pelontuwe, onde o werken agradeceu a estudantes e comunidades que apoiaron o movemento xurdido dende o cárcere de Angol e que tamén foi apoiado por diversas organizacións da sociedade chilena organizada.
O acordo inclúe o "ingreso dos folguistas ao Centro de Estudo e Traballo de Victoria, dentro dun prazo máximo de 60 días; a conformación dunha mesa de traballo sobre o estudo da figura das testemuñas anónimas ou sen rostros, amparados pola lei antiterrorista, co fin de modificar a lei; e a avaliación da situación de Mariano Llanka Tori, co obxecto de obter o indulto presidencial.
a loita é o único camiño
ResponderEliminarsolidariedade presxs en loita!!