19 may 2014

[Italia] Solidariedade con Gianluca e Adriano ante o vindouro xuízo en 26 de maio

Hai días publicamos acá en Abordaxe, un Comunicado en solidariedade con estes dois compas eco-anarquistas, detidos en 18 de setembro de 2013, encirrados e acusados de "asociación con fins de terrorismo e de subversión da orde democrática". Tambén publicavamos nesa mesma entrada un escrito de Gianluca recoñecendo a súa autoría dalgunhas das accións que se lle imputan e unha extensa Carta de Adriano dende o talego. Agora publicamos un novo Comunicado solidario asinado por compas de Roma e unha Carta de Gianluca dende a prisión e as acompañamos esta entrada con deseños obra de Gianluca, recollidos do blogue Instinto Salvaje:

Con antelación ao xuízo do 26 de maio en Roma en contra de Gianluca e Adriano

Gianluca e Adriano, os mozos de Castelli Romani, anarquistas, foron detidos o 19/09/2013. Unha operación policial, coordinada polo fiscal Giancarlo Capaldo do escuadrón antiterrorista e polo director xeral do R.O.S. (Raggruppamento Operativo Speciale) Mario Parente, os cales individualizaron os compañeiros como autores dunha serie de accións levadas a cabo na provincia de Roma: trece accións de sabotaxe contra os bancos, unha tenda de abrigos de pel, instalacións de ENI e ENEL e o vertedoiro de Roncigliano.

Eles foron acusados de asociación con fins terroristas e a subversión da orde democrática, incendio, roubo agravado e desfiguración e pintar a propiedade privada.

Dende o día en que foron enviados ao cárcere Gianluca e Adriano foron mantidos en confinamento solitario: o primeiro compañeiro en Alessandria e o segundo en Ferrara, no interior das unidades especiais onde están encarceradas as mulleres e os homes culpables dos seus posicionamentos.

Durante a previa á audiencia que tivo lugar o 26 de marzo, Gianluca e Adriano foron postos baixo custodia; na ocasión o xuíz de instrución D'Alessandro tomou a responsabilidade de ordenar que os compañeiros debían asistir ao xuízo mediante videoconferencia: a decisión esta baseada debido a unha nota oficial polo Director Xeral do Servizo Penitenciario, que esixe esta medida como a contención dos "presos máis perigosos" e que foi adoptada tras a fuga de Domenico Cutrì durante un traslado xudicial. Asistir ao xuízo por videoconferencia en realidade aumenta a condición de illamento dos presos, deshumanizando e satanizandolos.

A primeira audiencia do procedemento de xuízo abreviado celebrarase o 26 de maio no Tribunal do Penal da de Roma, cando o fiscal presentará a súa petición de condena.

Imos expresar a nosa solidariedade e proximidade con Gianluca e Adriano con determinación, xa que sabemos que o caso en contra deles se refire a todos aqueles que actúan en primeira persoa, mentres que a expresión e a práctica das súas ideas de liberdade e igualdade, sen distincións, no respecto de todas as formas da vida.

Nese día Gianluca e Adriano tampouco quedarán sós.

O 26 de maio, no Tribunal do Penal de Roma, en apoio con Gianluca e Adriano.


Compañeiros e Compañeiras de Roma
..........................................

Comunicado de Gianluca dende a prisión de Alessandría:

A miña vontade e as miñas ideas son sen dúbida máis fortes que toda a opresión inflixida pola democracia, e por todas as autoridades, en contra dos individuos que non se axustan á orde das masas.

A autoridade é precisamente a caravilla que une todos os principios da explotación, o control e o dominio; e omito todos os "ismos" do caso, que son simplemente os derivados das condicións en que as masas están suxeitas ás súas contrapartes.

O cárcere é sen dúbida o ápice das numerosas medidas adoptadas pola domesticación dos seres humanos dominantes e o Estado; nin a morte nin as peores condicións de vida na "pobreza" -se é que podemos chamalo vida- pode ser comparado co abismo da prisión.

Ás veces síntome atordado, xa que teño que tratar de controlarme a min mesmo fronte á cara da normalidade feliz dos carcereiros que me secuestraron. A súa charla respecto ao futbol, a súa lectura dos folletos de supermercados, as súas risas histéricas e a busca molesta do diálogo e a resposta aos seus "bos días", as súas tristes existencias. Para min o diñeiro é unha das nocividades creadas polo humano. Nunca quixen a igualdade económica ou o consenso popular; pero como teño a sensación da apatía da sociedade alienada, síntome como que estivese ao outro lado dunha gabia, mentres que no outro lado están felices bailando mazurca (un baile polaco)...

Estou seguro de que a normalidade paradóxica que estou obrigado a enfrontar xustifícase pola normalidade que reina fóra destas paredes, no recoñecemento de que a sociedade dá ás prisións, a práctica de encerrar os nosos semellantes, ao Estado facendo todo o que sexa necesario para manter a orde social, un poder ou un goberno correspondente que moitos consideran inevitable.

Estes parques zoolóxicos para os seres humanos ou os campos de concentración -prefiro chamalos deste xeito- son funcionais ao mantemento do status quo social, económico e político. Somos alimentados dúas veces ao día, pasa o carro de comida realizando ruídos como cando se golpea un garfo no prato, normalmente usado para os cans e gatos domésticos; logo eles sácannos a "camiñar" como ás mascotas que probablemente teñen na casa. Seguramente estes lugares marcan sicolóxica e fisicamente máis alá do tempo que se pasa no seu interior. Non podo comer as cousas boas que cultivaba no meu xardín, teño que contentarme coa deliciosa merda, insípida e a escasez de alimento, ofrecida pola casa; pero polo menos eu sempre trato de manterme en forma de corpo e mente.

Ademais das bases de datos de ADN, agora hai traballo forzoso dos presos "comúns": limpeza de estradas, autoestradas e vías ferreas e producindo máis motivacións para criar os seres humanos en cativerio. Algúns poderán encontrar as miñas palabras e as imaxes anormais, pero esta é a crua realidade, o que nos fai, paradoxalmente, similar a outros animais explotados e encarcerados polo consumo.

Ben podemos emprender mil loitas pero debemos liberarnos dunha gaiola, a individual, xa sexa real ou social. Aqueles que pensan que son superiores ou máis importantes que os demais seres vivos ou outras formas de loita, simplemente xustifica a submisión, a práctica de encerrar os seres vivos nunha gaiola e o control doutros considerados inferiores e polo tanto presentaranse á súa vontade ideolóxica.

Aos compañeiros que están preto de min e a todos os demais presos nas súas diferentes ideas e accións que me fan sentir que non estou só, e a pesar das restricións da miña liberdade que me animan a continuar a loita contra o existente que está a envelenar a terra. Estes métodos de rehabilitación e reinserción na sociedade non teñen sentido. Non queremos saber nada de obras grandes ou pequenas que as empresas están a levar a cabo en nome do progreso, nin queremos saber o que están a facer para o goberno... temos todo o que necesitamos para a sabotaxe.

Polas accións pola liberación da terra e de todos os seres vivos do dominio tecno-industrial.

Gianluca

16/04/2014

Para escreber aos compas:

Adriano Antonacci
CC di Ferrara
Via Arginone 327
44122

Gianluca Iacovacci
Via Casale 50/A
15122 San Michele (AL)

1 comentario:

  1. Compas, só un detalliño por correxir. Onde puxéchedes:

    "Carta de Giancarlo dende a prisión" e "acompañamos esta entrada con deseños obra de Giancarlo", hai un erro. O compa chámase Gianluca, non Giancarlo, como de feito podedes ver na sinatura do seu comunicado, ou mesmo no blogue Instinto Salvaje.

    Saúde!

    ResponderEliminar