Un activista da PAH coouse onte no acto que o PP fixo na Farga de L'Hospitalet co ministro de Economía español, Luis de Guindos, a presidenta do PP, Alicia Sánchez-Camacho, e Santi Fisas, candidato ás eleccións europeas. O home aproveitou a entrada do ministro á sala para irromper cunha pancarta onde se lía a palabra "culpables" e chamou "responsables!" aos dirixentes populares. Ademais del, un centenar de manifestantes concentráronse na entrada do mitin.
Cando De Guindos e Sánchez-Camacho saudaban algúns dos presentes no acto, o ancián intentou despregar unha pancarta para protestar contra os dirixentes populares, un intento que foi abortado por membros de seguridade e outros asistentes. O home foi retirado do lugar mentres berraba "responsables!" a De Guindos e Camacho, e nunhas imaxes recollidas por Europa Press vese que de súpeto está no chan e alerta de que lle deron unha puñada. A rapidez da secuencia non permitiu á cámara recoller que pasou exactamente pero si captou claramente que o home tiña sangue na boca e que foi levantado e sacado do lugar entre burlas e insultos. Mentres, os dirixentes do PP continuaron o acto coma se nada tivese acontecido co himno do PP a máximo volume.
13 may 2014
Esta é a súa democracia!!: Un home duns 60 anos recebe unha puñada na boca por irrumpir nun mitin do PP
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario