Recebemos na nosa caixa de correos a noticia da saída á rúa do n° 29 de "Cuba Libertaria", o boletín do GALSIC (Grupo de apoio aos libertarios e os sindicalistas independentes de Cuba), nele incluen o artigo do titular desta nova: 1° de Maiyo 2014. “Viva a burguesía!”, que colamos, traducido:
Como anunciado, o Xeneral Raúl Castro Ruz, Presidente dos Consellos de Estado e de Ministros presidiu o acto central do 1° de maio, na Praza da Revolución, convocado para "facer tremer a terra..."
No único discurso do acto, Ulises Guilarte de Nacimiento, membro do Comité Central do Partido Comunista de Cuba (PCC) e secretario xeral da Central de Traballadores de Cuba (CTC), fixo un chamamento urxente aos traballadores cubanos a acrecentar a "reserva" de "eficiencia, de produtividade, aforro, disciplina e control", por ser a "única e máis duradeira garantía para preservar as conquistas sociais en Cuba".
"Conquistas" que a "actualización do socialismo" (do capitalismo de Estado feudal-totalitario) preservará de máis en máis para menos cubanos, ao pasalos do sector estatal ao privado e ao aprobar unha serie de leis (a Tributaria, a do Código do traballo e a de Investimento estranxeiro) que introducen mecanismos capitalistas de mercado na economía cubana cada vez máis aberta ao capital transnacional. De aí que as consignas claves, para apoiar as reformas económicas que farán posible tal "actualización do socialismo" cubano, sexan idénticas ás do capitalismo: "Producir con disciplina e eficiencia" e "Unidade e eficiencia".
Non é de estrañar pois que, ante tal "actualizaciún do socialismo", ata entre os propios simpatizantes do castrismo comecen a inquietarse por tal deriva contrarrevolucionaria. Sobre todo tras a promulgación da Lei de Investimento Estranxeiro que completa a armazón xurídica do proxecto "actualizador" excluíndo ao incipiente sector privado cubano, o que xera unha discriminaciún que favorece os empresarios cubanos de fóra, os Fajul, Saladrigas, etc., recentemente de visita na illa.
A proba desa inquietude, que non se atreve aínda a manifestarse como indignación, é o artigo "Unha burguesía nacional?", do escritor Guillermo Rodríguez Rivera, membro da UNEAC e do consello de dirección da Fundación Nicolás Guillén, publicado no blogue "Segunda cita" do célebre cantautor cubano Silvio Rodríguez. Artigo que suscitou numerosos e polémicos comentarios e que se reproduce no boletín.
Clica acá para ler ou descargar este boletín
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Judi Online
ResponderEliminarJudi Bola
Slot Online
Idnplay