Ás 2:08 da madrugada do domingo (hora mexicana), o Subcomandante Marcos anunciou que a partir dese momento deixa de existir. "Para loitar só se necesita un pouco de vergoña, un tanto de dignidade e moita organización, o demais ou serve ao colectivo ou non serve". Nada de líderes mesiánicos. O anuncio de Marcos pecha unha etapa de 20 anos como xefe militar o EZLN.
"Marcos foi unha complexa manobra de distracción, un truco de maxia terrible e marabilloso, unha maliciosa xogada do corazón indíxena que somos; a sabedoría indíxena desafiaba á modernidade nun dos seus bastións: os medios de comunicación".
En conferencia de prensa ante os medios libres que asistiron á homenaxe a Galeano, o zapatista asasinado na comunidade zapatista de La Realidad, o xefe militar do Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN), indicou: "se me permiten definir a Marcos, o personaxe, entón diríalles sen titubear, que foi un disfrace".
Logo de máis de 20 anos á fronte da organización político-militar que se levantou en armas o primeiro de xaneiro de 1994, Marcos anunciou o seu relevo. Indicou que despois dos cursos da Escuelita Zapatista do ano pasado e principios deste, "nos decatamos que xa había unha xeración que podía mirarnos de fronte, que podía escoitarnos e falarnos sen esperar guía ou liderado, nin pretender submisión ou seguimento". Entón, dixo, "Marcos, o personaxe, xa non era necesario. A nova etapa na loita zapatista estaba lista".
Na comunidade emblemática de La Realidad, a mesma na que o pasado 2 de maio un grupo de paramilitares da Central Independente de Obreiros Agrícolas e Campesiños Histórica (CIOAC-h), asasinou ao militante de base de apoio zapatista Galeano, o subcomandante Marcos apareceu de madrugada fronte aos representantes dos medios libres de comunicación acompañado de seis comandantes e comandantas do Comité Clandestino Revolucionario Indíxena e do Subcomandante Insurxente Moisés, a quen en decembro pasado anunciou como o seu relevo ao mando. "É a nosa convicción e a nosa práctica que para revelarse e loitar non son necesarios nin líderes nin caudillos, nin mesías nin salvadores; para loitar só necesítase un pouco de vergoña, un tanto de dignidade e moita organización, o demais ou serve ao colectivo ou non serve", dixo Marcos.
Cun parche negro co debuxo dunha caveira de pirata cubrindo o seu ollo dereito, o ata agora voceiro zapatista rememorou a madrugada do primeiro de xaneiro 1994, cando "un exército de xigantes, é dicir, de indíxenas rebeldes, baixou ás cidades para co seu paso sacudir o mundo. Apenas uns días despois, co sangue de nosos caídos aínda fresca nas rúas, decatámonos que os de fóra non nos vían. Afeitos a mirar dende arriba os indíxenas, non alzaban a mirada para mirarnos; afeitos a vernos humillados, o seu corazón non comprendía a nosa digna rebeldía. A súa mirada detivérase no único mestizo que viron con pasamontañas, é dicir, que non miraron. Os nosos xefes e xefes dixeron entón: 'só ven o pequeno que son, fagamos a alguén tan pequeno coma eles, que a el o vexan e que por el nos vexan'".
Ese foi o nacemento de Marcos, froito de "unha complexa manobra de distracción, un truco de maxia terrible e marabilloso, unha maliciosa xogada do corazón indíxena, que somos; a sabedoría indíxena desafiaba á modernidade nun dos seus bastións: os medios de comunicación".
A nota da conferencia, asinada por "medios libres, alternativos, autónomos ou como se digan", dada a coñecer en diversos portais de comunicación alternativa como Radio Pozol, Medias e Reporting on Resistences, recrea un ambiente de aplausos e vivas ao EZLN logo do anuncio da Comandancia.
A figura do subcomandante Marcos deulle a volta ao mundo dende as primeiras horas do primeiro de xaneiro de 1994. A imaxe dun home armado con carrilleras vermellas e un R-15, e ataviado cun uniforme café e negro cuberto por un chuj de Los Altos de Chiapas, cuberto o rostro cun pasamontañas e fumando pipa, foi a primeira plana dos xornais máis influentes do planeta. Nos días e semanas posteriores transcenderon os seus comunicados cargados de ironía e humor, desafiantes e irreverentes. Unhas follas brancas escritas a máquina de escribir que eran literalmente arrebatadas pola prensa nacional e internacional. Vinte anos e máis de catro meses despois, Marcos anuncia o fin desta etapa.
"Difícil crer que vinte anos despois aquel ´nada para nós´ resultase que non era unha consigna, unha frase boa para carteis e cancións, senón unha realidade, La Realidad" dixo Marcos. E engadiu: "Se ser consecuente é un fracaso, entón a incongruencia é o camiño do éxito, a ruta do poder. Pero nós non queremos ir para alá, non nos interesa. Nestes parámetros, preferimos fracasar que triunfar".
"Pensamos", dixo, "que é necesario que un de nós morra para que Galeano Viva. Así que decidimos que Marcos debe de morrer hoxe".
"Á 2:10 o Subcomandante Insurxente Marcos baixou para sempre do templete, apagáronse as luces e a continuación escoitouse unha ondada de aplausos das e dos adherentes a La Sexta seguida dunha ondada máis grande de aplausos das bases de apoio zapatistas, milicianos e insurxentes", reportaron dende La Realidad.
Fiel ao seu estilo irónico e ás súas tradicionais posdatas, o personaxe de Marcos rematou: "P.D. 1 Game Over. 2.- Xaque Mate. 3.- Touché. 4.- Mhhh, así é o inferno? 5.- Ou sexa que sen a botarga xa podo andar nu? 6.- Está moi escuro acá, necesito unha lucesita... "
Neste enlace podedes ler a Carta íntegra do Subcomandante Insurxente Marcos na súa despedida:
ENTRE A LUZ E A SOMBRA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario