6 may 2014

[Barcelona] Comunicado do Bloque Libertario, ante os feitos acaecidos no 1º de maio e Crónica da Manifa Anticapitalista

Os mass merdas focalizaron a atención do 1º de maio nun dos poucos lugares do estado onde as paseatas con bandeirolas de cores deran paso a accións de raiba e odio contra os culpabeis da situación de crise e desamparo do pobo e os seus fideis guardiáns. Unha valoración das convocantes da "Trobada Llibertaria", onde a autocrítica, o «non todo vale», brilla con luz propia cara sementar novos e mellores gromos para organizarse na loita e onde ao mesmo tempo e sen atrancos, tachan de cómplices a quen xogan a defender ao pobo, entanto emiten «condenas da violencia» e/ou falan de «actos vandálicos» para se referir aos ataques aos bancos ou a policía. Así como amosan o seu pleno apoio ás detidas no transcurso da xornada de luita e esixen a súa liberación*, «porque a loita pola liberdade non é un delito só seu, senón que é de todas nós». Colamos traducida e á íntegra dita valoración recollida do IndyBarna e damos tambén pulo a unha Crónica publicada no portal ContraInfo:

A maior crise capitalista despois de 1929, é dicir, o maior ataque dos amos ás nosas vidas despois da segunda guerra mundial crea unha situación de morte lenta, de depresión individual e colectiva, de miseria material e emocional, e tamén de rabia, que se estende en cada vez maiores partes da poboación.

Neste contexto, o conflito social e as súas manifestacións xorden de todos os poros do corpo social. Dende Río de Janeiro ata Atenas, dende Saraievo ata Londres, as rúas arden. Non é unha cuestión da iniciativa dunha ou doutra senón unha condición social xeneralizada, xerada polas tensións que crean as decisións e as políticas dos donos deste mundo.

A cuestión para as que loitan contra a barbarie dominante é organizar esta rabia, dotala dos medios prácticos e teóricos para ser máis eficaz na súa loita contra a explotación e a miseria, e así crear a posibilidade dun mundo de liberdade e igualdade.

Agora é o momento da acción; agora é o momento de organizar e xeneralizar o conflito; agora é o momento de deixar de respectar as leis e as normas que lexitiman e garanten as violacións cotiás impostas polo capital e os seus aliados políticos. Só os que son cómplices dos ex polios do Estado e do capital nas nosas vidas, ou os que teñen tanto medo que non poden asumir a tremenda tarefa de organización do proceso revolucionario que a sociedade necesita, poden emitir «condenas da violencia», sexa cual sexa, ou caracterizar os ataques aos bancos e á policía como «vandálicos» ou criminais. Só os que pospoñen eternamente o momento da insurrección das escravas, as oprimidas deste mundo, intentan desvincularse das barricadas que se levantan cada vez máis nas rúas. Se non agora, cando?

Evidentemente, a necesidade inmediata de crear acontecementos colectivos e socializados de resistencia, sen o permiso dos nosos adversarios, non equivale a dicir que todo vale e que calquera acto e momento de ataque son oportunos. «A improvisación custounos moi cara», dicían as nosas compañeiras, nestas mesmas terras que pisamos nós, e tiñan toda a razón. Hai que deixar atrás o espontaneísmo e a adoración do ataque individualizado, sen ter en conta aos demais ou as consecuencias. Hai que tomar os nosos deberes e os nosos desexos máis en serio. E isto é verdade tanto para a manifestación en Barcelona do primeiro de maio coma para calquera outra ocasión. Non condenamos ningún acto de resistencia e defendemos a súa lexitimidade ética e política. Non nos desvinculamos nunca destes actos, pero podemos cuestionar estratexias e tácticas, se consideramos que estas son equivocadas. E isto facémolo tanto para a manifestación do primeiro de maio coma para todas as ocasións de levantamentos colectivos que veñen, que seguro virán. Pola nosa banda, cremos que non soubemos canalizar a rabia imperante, ata o punto de vernos superadas pola situación. Achacamos este feito á nosa falta de capacidade organizativa interna, na que debemos traballar para, no futuro, estar á altura das circunstancias.

Como convocantes do Bloque Libertario, seguiremos traballando para promover a autodefensa social e colectiva, que é tamén unha das sementes da sociedade que queremos crear, baseada na solidariedade, a horizontalidade e o apoio mutuo, contra os dictámenenes do Estado e do capital. Non cabe dúbida de que as que caen nas mans dos nosos inimigos, incluídas as detidas nesta última manifestación, teñen noso pleno apoio. Esiximos a súa liberación, porque a loita pola liberdade non é un delito só seu senón que é de todas nós.

Pola revolución social. Pola liberdade.
Barcelona, 1 de maio de 2014

* Nota de Abordaxe: As 4 persoas detidas están xa na rúa con diferentes cargos e pendentes de xuízo
..............

Crónica da manifestación anticapitalista do Primeiro de Maio (Barcelona)

O Primeiro de Maio convocouse unha manifestación ás 17:30, despois do encontro libertario que se realizou no centro de Barcelona pola mañá. Chamábase ao bloque libertario da manifestación anticapitalista contra a escravitude asalariada e pola revolución social.

Alí déronse cita todxs xs que non caben nas manifestacións dos partidos e sindicatos maioritarios. Unha heterodoxia que rozaba o ridículo cando o Front Cívic de Catalunya intoxicaba ás manifestantes con cancións de postguerra ou o rock trasnoitado de cantantes de corte comunista. A parte desa secta cidadanista estaban os sindicatos esquerdistas minoritarios habituais, grupúsculos stalinistas, bloques movimentistas de toda pelaxe, etc. No medio de todo isto constituíase un bloque negro con maioría de encapuchadxs que cantaron lemas como "o pobo unido traballa sen partido", "o pobo organizado traballa sen Estado", "a democracia dura o que dura a obediencia", "somos antidemocráticxs", "abaixo os muros das prisións", entre outros.

Despois dun par de rodeos da manifestación e ante unha policía que protexía as entradas dos barrios máis turísticos e serpeantes, e onde na última manifestación en defensa dxs encausadxs polo asedio ao "Parla-Minto" se produciron fortes disturbios, empezaron os estragos de bancos, inmobiliarias e mobiliario urbano. Intentouse manter o máis lonxe posible a todxs xs voyeurs ávidxs de imaxes e vídeos que poder colgar en internet e comentar coas súas amizades (ver foto adxunta de duas elementas desta estúpida caste), cousa que resultou practicamente imposible polas características da mani. Algún que outro curioso ficou sen cámara ante as previsibles críticas de esxs que defenden a liberdade de expresión liberal que axuda ao Estado a encarcerar compas. Despois de esnaquizar e incendiar algún que outro banco e contentor e chegadxs á Delegación do Goberno, a manifestación se dividiu. Dende o micrófono da manifestación que portaba a parte esquerdista acusouse xs encapuchadxs de "rebentar o acto unitario" e dábase por desconvocado tras un cruzamento de palabras e xestos bastante elocuentes. O bloque negro continuou por unha avenida pouco propicia ao ataque e a defensa do grupo. Atacouse outro banco e ao momento iniciábase a carga policial que dispersou ao centenar de compañeirxs que alí estaban.

Pouco despois varios medios sinalaban que se produciran 4 detencións. Xs compañeirxs quedaron imputadxs pero xa abandonaron as dependencias policiais.

¡TODA A SOLIDARIEDADE AXS DETIDXS!!

¡GUERRA SOCIAL AO CAPITAL, OS SEUS DEFENSORES E OS SEUS FALSOS CRÍTICOS!!

¡POR UN PRIMEIRO DE MAIO DE DISTURBIOS!!

¡POR UN PRIMEIRO DE MAIO TODOS OS DÍAS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario