Ainda que ao que parece a xornada extendeuse ao longo de toda a noite (e na altura descoñecemos se aínda segue), imos colar esta Crónica que nos enviou o compa do blogue "La Rebelión de las Palabras" (e que traducimos) na que aponta que a represión policial contra a manifestación de onte luns, convocada contra o desaloxo de Can Vies voltou prender a faísca da revolta no barrio de Sants da capital catalana, onde unha vez máis escacháronse vidros de bancos e caixeiros, cruzáronse barricadas e, para maior inri, un grupo de encarapuchadxs prendeu lume á excavadora que se atopaba aparcada (parada naqueles momentos) no predio da okupa, e que se usaba para labores de demolición e derribo. Ademais incluímos nesta entrada información facilitada por un "anónimo" como comentario da nosa antérior notícia ao respecto deste desaloxo, no que da conta do intento das forzas antidisturbios de entrar na redacción da Directa e unha reflexión ao respecto do papel dos falsimedios e o seu corporativismo. Colamos pois a Crónica do compa:
Segundo informou a prensa burguesa, xunto a diferentes comentarios aparecidos nunha rede social, no barrio de Sants, en Barcelona, vivíronse por segundo día consecutivo disturbios e enfrontamentos entre grupos de encarapuchadxs e antidisturbios, en resposta ao desaloxo realizado onte en Can Vies, Centro Social Okupado con 17 anos de traxectoria ofrecendo todo tipo de alternativas políticas, sociais e culturais ao barrio dende unha perspectiva anticapitalista, autoxestionaria e solidaria.
Unha vez máis, despois de que a policía cargase contra a manifestación convocada esta tarde por grupos solidarios, se cruzaron barricadas e se romperon cristaleiras e polo menos un caixeiro automático de sucursais bancarias. Ademais, posteriormente, un grupo atacou e incendiou a retroescavadora que se utilizaba para derrubar o edificio da okupa, entre consignas de "Rabia anticapitalista!", segundo informaron a este blog por correo electrónico colabouradorxs anónimxs.
Ademais, e seguindo coas mentiras da prensa burguesa, as veciñanza estaría alarmada polos "incidentes violentos" no seu barrio, pero máis alá dos que estes magos da neo-lingua e a criminalización social poidan ladrar dende os seus noxentos xornais (polo visto os estúpidos non tiveron bastante co da furgona dos xornalistas que ardeu onte e continúan mentindo), o certo é que unha gran parte do barrio se envorcou coa defensa do CSO non só saíndo á rúa, senón tamén colgando faixas con lemas a favor nas súas casas e tocando dende os balcóns cazolas, sumando o seu ruído ao dos disturbios que vindican 17 anos de rebeldía e sonos derrubados e arruinados pola especulación e os seus secuaces.
Dende a conta dunha rede social do CSO advírtese que pensan continuar coas mobilizacións e, en catalán, sentencian: “Avui l’ex-cavadora, demà continuem!! Can Vies a terra, ens han declarat la guerra!!” (Hoxe a escavadora, mañá continuamos!! Can Vies derrubada, declaráronnos a guerra). Esperemos novos movementos.
"Non derrubarán os nosos sonos"!!.
Forza para xs compas en Barcelona.
Ata aquí a crónica do compa, vos convidamos tambén, neste enlace do seu blogue a ler a súa Crónica do primeiro día de luita, mais alén, quería engadir que a criminalización da disidencia volta a soar con forza nas canles mediáticas da tv, o feito de que no día anterior fose queimada unha unidade móbil da TV3 sacoulles o máis canalla do seu corporativismo gremial, se ben non practicaron o mesmo corporativismo para criticar que, ese mesmo día, e en 3 tentativas, os mossos quixeran entrar a golpe de porras na redacción do xornal catalán "La Directa" practicando violentas cargas policiais contra xs xornalistas apostadxs na porta da redacción; tal como se pode visionar neste video de La Directa:
Estas son imaxens da segunda carga protagonizada por axentes da Brigada Mobil dos Mossos d'Esquadra na porta da redacción de La Directa, no barrio de Sants. Durante a primeira carga, os mossos chagaran ata a porta do local e racharan os vidrios con dois porrazos, ferindo a dois mozos por impacto de cristais. Os axentes atacaran entanto un membro de La Directa estaba a baixar a persiana metálica. Na segunda carga, que se pode ver nestas imaxens, os policias cargan contra diversos xornalistas que estaban diante do local, alguns deles identificados con chalecos e/ou o brazaletes. Máis tarde houbo unha terceira carga.
Seguiremos a informar...
eDu
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario