Damos pulo a este comunicado en favor dxs presxs da campaña Cárcere=Tortura publicado no IndyBarna e asinado por Moviment Llibertari Barcelona, onde fan unha reflexión sobre os sucesos da manifa libertaria do 1º de maio e a situación dxs presxs de conciencia en loita combinandoa con a chegada das promesas de partidos nas eleicións europeas. Colamos traducido:
Despues do 1 maio, día da clase traballadora, o noso pasado e presente de loita e a nosa memoria histórica rescátanos a todxs aquelxs loitadorxs resistentes que morreron e seguen morrendo nos cárceres por non se someter ao dominio da democracia autoritaria e asasina.
Cárceres gobernadas polos sindicatos: UGT, CCOO, LAC, que torturan en nome do estado por un triste salario. Son funcionarios e mercenarios, o brazo armado do estado, NON SON TRABALLADORES, SON POLICÍAS e CARCEREIROS!.
Xs presxs de conciencia están en loita e acompáñannos nos nosos corazóns cara á destrución de todo aquilo que nos oprime: cárceres e fronteiras.
Xs presxs de conciencia en loita, xs ninguén, xs sen nome, invítannos a determinar as nosas accións solidarias e combativas en cada momento, porque a rebeldía non coñece tempo e o futuro é o noso presente.
Contra a democracia e pola destrución de todo aquilo que nos oprime! Nin cárceres, nin fronteiras, rematarán coa revolta!!.
Cando a democracia é a impunidade dos seus corpos represivos, que torturan, mallan e asasinan, converténdonos en persoas que só poden ser vítimas, eliximos a anarquía que é a autodefensa que disolve os corpos represivos e convértenos en persoas libres.
Agora chegan as eleccións europeas, prometeranche a lúa, e daránllelas de partidos radicais, de partidos libertarios e máis chorradas.
Sinxelamente, pola anarquía, Non votes, xa sabes: “de dereita, de esquerda, a mesma merda”.
O círculo de violencia da democracia de partidos políticos e sindicatos, faise posible ao uso de diversos medios. A primeira é a intimidación masiva da xente, grazas á representación falseada do estado como algo inalineable e a imposición das máis duras penas ante calquera intento de mudalo. O segundo é o suborno da burocracia civil (partidos, sindicatos, ONGs), e a oficialidade policial e militar polo estado. Uns subornos, que ten que pagar o pobo, agora soxulgado e vivindo na miseria.
Unha vez máis a loita dxs presxs de conciencia, mostra o feito indiscutible, que os partidos políticos que piden o voto, e os sindicatos amarelos, verdadeiras correas de transmisión dos partidos, teñen como finalidade axudar ao estado a romper a solidariedade e a axuda mutua entre os oprimidos - dende o lumpen proletariado, xs presxs, xs precarixs, inmigrantes e marxinais -, e de aí que o exemplo dxs presxs de conciencia e a súa loita nas prisións, nos leve de novo a conxurarnos xs anarquistas e evitar que este catastrófico proceso de romper a solidariedade chegue alcanzar o éxito.
O sucedido en Barcelona este 1º de maio, é o mellor xeito de explicalo, mostrando a añagaza do patriotismo, o chauvinibismo inherente no sistema de nacións, a duplicidade que leva implícito outorgar favores a un grupo explotado sobre outro.
Policías e carcereiros (esbirros e lacaios por medio de partidos e sindicatos do estado), conscientes da brutal forza do estado que lles avala, queren impoñernos a súa vontade, pero iso, en vez de intimidarnos, xs anarquistas espértanos os instintos que nos ensinan, que a lei na súa maior parte é despotismo oligárquico e que non hai lei que teña dereito a unha obediencia cega.
Este 1º de maio en Barcelona, deunos a visión de como están separados os feitos dos valores, e como esta separación é o lema dos intelectuais afíns dos partidos e sindicatos, converténdoos en profesionais, e do profesionalismo á respectabilidade non hai, en realidade, máis que un breve salto, sobre todo cando o esforzo por chegar ao profesionalismo está, en parte, motivado polo impulso que leva á respectabilidade, a un rango estatutario máis elevado.
A loita dxs presxs de conciencia, lévanos ao feito do sucedido en 1º de maio en Barcelona, impedindo a colaboración cos profesionais e respectables da política e o sindicalismo, e une os valores cos feitos, unindo a teoria coa práctica, é indubidablemente a propaganda polos feitos.
A loita dxs presxs de conciencia, e a conxura dxs anarquistas en Barcelona, crean o feito dun espazo-tempo de existencia de anarquía, producido por acontecementos desestruturados e carentes de normas, tal como o comportamento de individuos ou de multitudes, anarquía como des-goberno, anarquía como feito de rebeldía, e demostra que o comportamento espontáneo non é sinónimo de irracional, ben ao contrario é a concienciación do natural en oposición e contraste co home alienado, respectable, normal que funciona dende o irracional, que é defender patrias, cárceres, fronteiras e ao estado.
Dende o movemento libertario de Barcelona, opoñémonos vivamente a todo movemento separatista, como o nacionalismo ou racismo, que exerza presións imaxinarias provenientes dos estratos explotadores de cada estado. O mal capital do nacionalismo non é só que alimenta as guerras, se non que o fai porqué é un fenómeno antinatural, establece diferenzas arbitrarias, de forma que as distincións nacionais intensifican e esaxeran os factores que xeran o conflito, son factores irreais e susceptibles de alteración, a súa única realidade deriva das relacións de poder, derivadas da dominación clasista.
Xs anarquistas estamos pola abolición, e non polo melloramento do estado e os seus cárceres, e toda colaboración coa intelectualidade, o profesionalismo de políticos e sindicalistas, é unha forma sutil de corrupción e autoengano, e a pedra angular de que iso sexa posible móstrao a loita dxs presxs de conciencia, co seu activismo espontáneo que nos pon a todxs en movemento creando o antagonismo coa burocracia e a súa vida organizada a través de corpos represivos, cárceres e fronteiras.
Como anarquistas mantemos un principio, e este é o da axuda mutua, polo que nos declaramos inimigxs das forzas do estado, do diñeiro e da reacción, que queren exterminar os presos de conciencia, que loitan pola súa vida nas prisións: Os carcereiros e os massmerda queren a través da mentira que creamos que son criminais, pero nós xs anarquistas sabemos a verdade, que son seres humanos que practican o máis sagrado e querido para nós: a axuda mutua, e con ela loitan pola liberdade e a xustiza para todxs.
A solidariedade e a axuda mutua, a pesar de lacaios e esbirros de partidos e sindicatos, é un feito, como se demostrou este 1º de maio na Barcelona anarquista.
Nin deus, nin patria, nin amo.
Lume aos CIEs, dinamitemos os muros.
Non lles votes, mostra o teu rexeitamento: a democracia tortura e asasina.
Democracia cando os pais enterran os fillos, fagamos posible a anarquía cando os fillos enterran os pais.
Enderezos dxs presxs en loita, por se queredes escribirlles e mostrar que non estan soziñxs na súa loita:
CP A Lama
Monte Racelo s/n
36830 Pontevedra (Galizia)
Xurxo Castro Cervantes, Jose Manuel Espada Prieto, Jose Luis Beceiro Vidal.
Cp Texeiro
Ctra. de Parelada s/n
15310 Teixeiro-Curtis (A Coruña)
Sergio Roel Barreiro
CP Monterroso
Ctra. Vegadeo-Pontevedra s/n
27560 (Lugo)
Roberto Carlos Fernandez Pardiñas
CP Puerto III
Ctra. Jerez-Rota, km6
11500 Jerez (Cádiz)
Sergio Martín Aguilar, Miguel Ángel Rodríguez Postigo
CP Albolote
Ctra. Colomera, km 6
18220- Albolote (Granada)
Jose María Pirla Oliván
CP Huelva
Ctra. de la Ribera s/n
21610 Huelva
José Luis Llano Ortega
CP Puerto I
Ctra. Jerez-Rota km 6,4
11500 Puerto de Santa María (Cádiz)
José Juan Muñoz Cáceres (Chirino)
CP Sevilla II
Paraje Las Mezquitillas, SE-451 Km 5,5
41530 Morón de la Frontera.
Gabriel Walter Pinto Maturana
Cp Valencia I
Ctra. N-340 Km 225
46220 Picasent (Valencia)
Mohamed Najih Hamza
CP Castellon II
Ctra. CV-129Km15. Partida els Mascarells s/n
12140 Albocaser
Manuel González Castillo, Juan José García López, José Ortiz García
CP Brians II
Ctra.de Martorell a Capellades km 23
08635 St. Esteve de Sesrovires (Barcelona)
Miguel Santos García, José Antúnez Becerra, José Antonio López Cabrera
CP Brians I
Ctra. de Martorell a Capellades, km 23
08635 St. Esteve Sesrovires (Barcelona)
Luis Bernardo Millán Mejía
Cp Madrid V
Ctra. comarcal 611 km 37,6
28770 Soto del Real (Madrid)
Luis Miguel Mingorance Corral, José Martins Mendoza
CP Madrid VI
Ctra. Nacional 400 km 28
28300 Aranjuez (Madrid)
Juan Carlos Rico Rodríguez
CP Madrid VII
Ctra. M-241 km 5750
28595 Estremera (Madrid)
Jose Carlos Vila Mateo
CP Topas
Ctra. N-630 km 313,4
37799 Topas (Salamanca)
José Vilar Casal
CP Ávila-prision provincial
Ctra. de Vicolozano s/n apdo. 206
05194 Brieva (Ávila)
Mónica Andrea Caballero Sepúlveda
CP Villabona
Finca Tabladiello
33480 Villabona-Llanera (Asturiés)
Francisco Javier Solar Domínguez
EP Monsanto
Avenida 24 de Janeiro
1500 – Lisboa (Portugal)
Jaime Giménez Arbe
No hay comentarios:
Publicar un comentario