24 abr 2014

O asasino de Yolanda González, o ultrafascista Emilio Hellín, facturou 140.000 euros en colaboracións coa Garda Civil entre 2006 e 2011

O ultradereitista Emilio Hellín, condenado a 43 anos de cárcere pola morte a tiros en Madrid en febreiro de 1980, de Yolanda González Martín, unha moza do barrio bilbaino de Deustua e militante do Partido Socialista dos Traballadores (PST) de tendencia troskista, colaborou coa Garda Civil a través de 15 contratos polos que chegou a facturar 140.000 euros.

Condenado como autor material dos disparos contra Yolanda, sendo militante de Fuerza Nueva e do grupo terrorista Batallón Vasco Español, Emilio Hellín Moro, cumpriu só unha pequena parte dos 43 anos aos que foi condenado. Xa en 1987, sete anos despois da morte de Yolanda e malia protagonizar xa unha fuga, foille concidido un permiso penitenciario, que aproveitou para volver escaparse, esta vez a Paraguay, onde traballou para os servizos militates e policiais. Foi detido pola Interpol e devolto ao Estado español en 1990.

Emilio Hellín, que mudou de nome por Luis Enrique, traballa na actualidade para os Corpos e Forzas da Seguridade do Estado e colaborou activamente coa Garda Civil entre os anos 2006 e 2011, durante a administración do PSOE.

A relación foi sempre coa Garda Civil mentres que coa Policía española participou nun seminario no que tamén colaboraban outros membros do corpo, pero que estaba organizado por unha empresa privada.

Coa identidade variada, segue a ser un dos principais asesores do Servizo de Criminalística da Garda Civil, participa en investigacións xudicializadas sobre «terrorismo» e delincuencia, e forma aos seus axentes en técnicas forenses de espionaxe e rastrexo informático impartindo cursos de formación a axentes deste corpo, do Corpo Naconal de Policía, o Ministerio de Defensa, Ertzaintza e Mossos d'Esquadra, dá conferencias a membros das Forzas e Corpos da Seguridade do Estado en organismos oficiais e cobra polos seus servizos do Ministerio do Interior, tal como xa contaramos acá en Abordaxe.

Agora a oposición do Congreso (entre eles os hipócritas do PSOE) veñen de solicitar a comparecencia no Pleno do Congreso do ministro español de Interior, Jorge Fernández Díaz, para que explique as actuacións que levou a cabo ou está a levar a cabo para esclarecer estes feitos.

Información recollida de Naiz-Gara

No hay comentarios:

Publicar un comentario