11 abr. 2014

Manual: Como inhabilitar cámaras de seguridade

Colamos traducido este simples manual que recollimos de RegeneraciónLibertaria, que comentan ao respeito: A continuación paso a traducir unha guía interesante dxs compañeirxs de CamOver. Se recordades, a iniciativa xurdiu no ano 2013, en Alemaña, como unha especie de "xogo" que pretendía difundir a acción directa, especificamente aquela dirixida ás cámaras de seguridade. No seu sitio web poderedes encontrar máis información sobre a historia do "xogo", as súas razóns de ser, etcétera. Sede boas.

Colamos tambén este vídeo Kamerak txikitu! dunha acción levada a cabo en Euskadi:


1. Por que destruír circuítos pechados de televisión?

Confía na túa intuición. Pero se de todos os xeitos necesitas unha xustificación intelectual, entón le o seguinte:

"A vixilancia das cámaras non recae por igual sobre todas as persoas da rúa, senón que recae sobre aquelas persoas estereotípicamente predefinidas como potencialmente desviadas. Ou ben sobre aquelas persoas, que pola súa aparencia e comportamento, son clasificadas como indecentes polxs operadorxs. Desta forma, a xuventude, especialmente aquela que xa está social e economicamente marxinada, pode ser obxecto de maiores niveis de intervención autoritaria, así como de maiores niveis de estigmatización. En vez de contribuír con maiores niveis de xustiza social mediante a redución dos niveis de victimización, as cámaras de vixilancia son meras ferramentas de inxustiza ao servizo dunha vixilancia diferenciadora e discriminatoria".

"... instrumento de control social e disciplinamiento; produción de conformidade anticipativo; certeza de observar con rapidez desviacións sociais; recompilación de arquivos individualizados da poboación vixiada"
.
Fonte: The Unforgiving Eye: CCTV Surveillance in Public Space, por Dr. Clive Norris e Gary Armstrong, do Centre for Criminology and Criminal Justice de la Hull University, Reino Unido

"O que demostramos é que as cámaras de seguridade non reducen o crime (en todo caso aumentou). Tampouco reducen o medo a cometer un crime, senón que, de resultar en algo, as cámaras incrementan levemente os niveis de ansiedade".
Fonte: Profesor Jason Ditton da Sheffield University, Reino Unido

2. Tipos de cámaras

2.1) Cámaras falsas.- Estas cámaras deben ser inhabilitadas dado que cohiben e inflixen medo ao castigo. "As cámaras falsas inclúen lentes e soportes. Usan unha carcasa real para que parezan de verdade".

2.2) Cámaras escondidas .- Serven para reforzar a vixilancia en instalacións onde as cámaras primarias son máis básicas. As cámaras escondidas ofrecen unha segunda vixilancia en caso de que se desactivaran as cámaras primarias. Este tipo de cámaras adoitan ser usadas de xeito temporal para captar repetidas actividades criminais.

2.3) Cámaras sobre muros .- Normalmente están instaladas fóra do alcance das persoas, pero poden ser accesibles por dúas persoas traballando xuntas. Protexen sobre todo propiedades privadas, pero a miúdo tamén cobren espazo público.

2.4) Cámaras sobre tellados .- Normalmente son cámaras usadas pola policía para controlar o tráfico, pero ás veces son tamén usadas por institucións privadas ou complexos de oficinas.

2.5) Cámaras en postes .- Usualmente son operadas por autoridades locais para vixiar áreas comerciais e tráfico urbano.

3. Métodos de ataque

3.1) Bolsa de plástico.- Unha bolsa de plástico con pegamento serve de marabilla. É un método barato e tan eficaz como calquera outra técnica a curto-prazo. Usa bolsas industriais, pois estas son máis grosas. Ás veces as cámaras que están a ser reparadas son cubertas, polo que visualmente esta técnica non chama tanto a atención. Se a cámara pode ser cuberta por unha bolsa sen dificultade, significa que está ao alcance. De ser así, non dubides en destruír o cristal, a lente, e demais compoñentes (feito isto, non cubras a cámara cunha bolsa: a xente necesita ver a cámara destruída como mostra de que non serven).

3.2) Adhesivos e fita .- Simplemente pega un adhesivo ou un pouco de fita na lente. Esta técnica serve de adestramento e mostra claramente que a cámara está "fóra de xogo".

3.3) Pistola de pintura .- Faite cunha pistola de auga das que usan as crianzas e énchea con pintura. Esta técnica é rápida, divertida, sinxela, e non require que escales nada (moi recomendada). Podes inutilizar moitas cámaras en pouco tempo (cunha hora de actividade podes doadamente poñer fóra de xogo 10 cámaras). Non te esquezas levar pintura de reposto en recipientes de plástico. Tampouco te esquezas quitar as impurezas para evitar que a pistola se bloquee. Apunta á lente da cámara e despois faiche cargo do resto da cámara e a área na que estea. A pintura límpase doadamente, polo que é unha técnica de curto-prazo, pero serve para indicar con claridade á xente onde hai unha cámara.

Nós usamos os modelos de pistola super Soaker 400 -2000 (versión camuflaxe para accións urbanas nocturnas). Usamos unha mestura 50/50 de auga e pintura de emulsión, co que podemos alcanzar sen dificultade alturas de ata 4,5 metros sobre nós. Esta mestura obstrúe por completo a lente da cámara unha vez aplicada ao obxectivo. Prepárate para mancharte, polo que leva roupa desbotable.

3.4) Punteiro láser .- Os punteiros láser de considerable potencia pódense comprar por prezos razoables. Para garantir unha acción eficaz recoméndanse punteiros láser máis potentes. Ten en conta que podes danar a túa visión se non apuntas ben, ou se o cristal da cámara reflicte o láser. Tamén considera que, en distancias longas, é difícil manter o láser fixado sobre o obxectivo. O punteiro láser pode ser instalado sobre uns binoculares para aumentar a precisión. Esta técnica non mostra á xente que a cámara está inutilizada, polo que non é recomendada.

3.5) Cortar cables .- Os cables das cámaras poden ser cortados con ferramentas afiadas como as usadas en xardinaría. Asegura que a ferramenta te ille da electricidade dos cables. Se deixas os cables colgando de xeito casual mostrarás a xente que a cámara está inutilizada. Ademais, obrigarás a reparar (e pagar) o cableado da cámara. Produce faíscas de satisfacción.

3.6) Obxectos pesados .- Escala ata o tellado do edificio onde a cámara está montada. Dende o alto, deixa caer un obxecto pesado como un bloque de formigón. Podes calcular a posición correcta se primeiro deixas caer pedras de menor tamaño. A cámara será destruída cunha exhibición de faíscas. Pero ten en conta que escalar edificios altos con obxectos pesados require que esteas en boa forma física. Considera tamén a seguridade dxs viandantes que se poidan encontrar na rúa. Esta técnica é cousa seria.

4. Preparación

A preparación (adestramento) é esencial non soamente para adquirir a forma física necesaria, senón tamén para adquirir a destreza necesaria (e máis importante: prepárate para saír de situacións inesperadas).

4.1) Traballando xuntxs.- Coñece ben con quen colaboras (as súas habilidades e carencias). Tamén é importante saber en que medida podedes confiar nunhas e outras.

4.2) Manter a forma.- Nunca podes estar demasiado en forma, polo que fai unha gran variedade de exercicio (aínda que a mellor forma de prepararte é inhabilitando cámaras de verdade). "Xoga" no terreo no que actuarás, e empeza con algo sinxelo como poñer adhesivos.

4.3) Coñecer o terreo .- Familiarízate con todos os aspectos do terreo no que actuarás. Explora a área tanto de día coma de noite. Escala todas as árbores; todos os edificios. Explora todas as calexas, rueiros, arbustos, e túneles. Salta todos os muros, varandas, e valos. Non uses as rúas ou camiños (soamente cruzaos polos ángulos seguros). Se cres que a área está vixiada por helicópteros adestra as túas habilidades de contra-vixilancia aérea, é dicir, busca coberturas, usa bengalas, bombas de fume, etcétera.

5. Exemplos de anarquistas gregxs

Acá podedes visionar en video como compas da Grecia inhabilitan cámaras de seguridade:
Vídeo 1, Vídeo 2, Vídeo 3, Vídeo 4, Vídeo 5, Vídeo 6, Vídeo 7, Vídeo8, Vídeo 9

1 comentario:

  1. En Barna tambe van trencar un dispositiu de vigilansia:
    https://www.youtube.com/watch?v=1D8fH7wqFNU

    ResponderEliminar