20 abr. 2014

[Lleida] Urxente .- Martes 22 ás 12:00 Concentracíon en Apoio a Abdel en Folga de Fame dende o 12 de marzo no CP Ponent

Damos pulo a esta información facilitada na nosa caixa de correos ao respeito da situación de Abdelhafid, Salmi preso, de nacionalidade marroquina, no cárcere de Ponent e do Comunicado do "Grup de Suport als Presos i Preses en Lluita de Ponent":

MARTES 22 ás 12:00 CONCENTRACIÓN DE APOIO a Abdel en folga de fame dende o 12 de marzo praza Paeria

Abdel superou a metade da condena, segue en segundo grao, sen ningún programa de tratamento individualizado. Asistiu ao programa DEVI, curso que lle permitiría gozar de permisos, pero suspendérono con criterios subxectivos. Dende finais do ano 2011, Abdel considera que lle están a poñer trabas en todo o que fai, cre que a raíz de que denunciou un educador, e que por este motivo llela teñen xogada.

Dende as autoridades do Centro Penitenciario de Ponent acúsano de feitos falsos relacionados con pelexas e tenza dun teléfono móbil (que nunca lle encontraron), ademais rexistráronlle a cela inxustificadamente, tomándolle a libreta de teléfonos, prohibíndolle as comunicacións e trasladándoo ao módulo 6 (en condicións máis duras). Foi amoestado e puxérono en illamento. Estes feitos pasaron a principios do ano 2014.

Con motivo desta situación insostible iniciou unha folga de fame o pasado 12 de marzo.

O xefe do módulo 6, Don Jesús "El Remache" denunciado no pasado por outros presos por malos tratos, vexou a Abdel durante a folga de fame que levou a cabo. Por este feito presentouse unha denuncia por torturas no Xulgado de Garda, que esperamos que non remate arquivada, como tan a miúdo acontece coas denuncias que presentan xs presxs.

Dende mediados de abril ingresárono na prisión do Hospital de Santa María. O pasado 15 de abril 4 mozos de escuadra, sen notificación xudicial, aplicáronlle a alimentación forzosa contra a súa vontade.

Abdel quere ser escoitado e que non se lle poñan as cousas máis difíciles para denunciar os abusos dalgúns funcionarios da prisión de Ponent. Dende o Grupo de apoio a presos en loita solidarizámonos con Abdel, apoiando a súa acción e as súas denuncias.

- Pola revisión da situación penitenciaria de Abdel. Fin do illamento e comunicacións abertas.

- Abonda de contradenuncias contra os presos que denuncian abusos e maltratos.

- Denunciamos a falta de información aos compañeiros e á sociedade da situación de Abdel, realizando unha folga de fame indefinida, poñendo en perigo a súa vida.

- Denunciamos a situación dos presos sen papeis que non cotizan á seguridade social, a pesar de estar a traballar estando presxs. A situación de que as persoas sen papeis que entran en prisión saian igualmente sen documentación. E que a dirección dos cárceres xa avisa antes da súa saída a policía nacional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada