Colamos esta información asinada por Anarquistas Felizmente Delincuentes que tomamos de ContraInfo:
O luns, 31 de marzo, pola tarde o tribunal de Bolonia emitiu a sentenza de absolución dxs 21 compañeirxs que permanecían baixo proceso xudicial dende 2011 por asociación delituosa con fins subversivos. Polo tanto, fomos absueltxs.
En abril de 2011, dentro da operación represiva denominada "Outlaw", na rúa San Vitale 80 o espazo de documentación Fuoriluogo fora confiscado e pechado, 5 compañeirxs arrestadxs e 7 expulsadxs da cidade con prohibición de residencia. A isto seguiron tres anos de persecución policial, co evidente e declarado intento de eliminar calquera espazo de acción nesta cidade.
Hoxe, despois da sentenza, esperada na praza por unha gran concentración, conseguimos un espazo, que tamén se lles quitou a xs compañeirxs hai 15 anos. Trátase da sede dun Círculo anarquista chamado Carlo Cafiero, que hospedaba a Biblioteca Circulante. A mediados dos anos 60, alugouno Libero Fantazzini con alguns/nhas compañeirxs anarquistas. O concello de Bolonia cedeullo a un custo simbólico para substituír á sede histórica de Porta Galliera, pechada durante as dúas décadas fascistas. Este sitio, durante anos mellor coñecido como Laboratorio Anarquista Paglietta, en xuño de 1999 foi confiscado e logo pechado con ladrillos e cemento, despois dunha investigación que levara ao cárcere a unha compañeira e a un compañeiro. Durante máis de trinta anos usárano grupos e individualidades anarquistas, enchendoa de actividades, asembleas, encontros e compartindo vida. Como sucede a miúdo, o procedemento penal non continuou, pero o local permaneceu selado e non se podía entrar, pechando con el un anaco de historia da cidade.
O día da sentenza, retomamos un espazo quitado por pracer e pola esixencia de usalo. Un espazo para vernos, discutir e encontrar o xeito de opoñernos con eficacia a un sistema que oprime, crea fame, devasta e envilece a vida. Un espazo para continuar loitando por un mundo totalmente diferente a isto.
Bolonia, 31 de marzo de 2014
Anarquistas felizmente delincuentes
No hay comentarios:
Publicar un comentario