A nosa "enviada especial" a terras chilenas volta a enviarnos dende esas paraxes do outro hemisferio unha súa crónica con o que ela chama "un repaso sobre os sucesos deste 29 de marzo en Santiasco de $hile, polo día dx xoven combatente", e aponta que "a ver se gostades e vos apetece publicar". É claro que en Abordaxe non só gostamos de tais colabouracións, senón que animamos a todas as nosas leitoras a que imiten á nosa compa (residente ocasional naquelas terras) e envien crónicas dende alá onde se atopen (tanto sexa no estranxeiro como na Galiza). Asín que, denantes de colar a Crónica, queremos agradecemos calurosamente tal colabouración.
A xornada deste pasado sábado comezou pola tarde, a iso das 17.00, cun pasarrúas carnavalesco, composto por bandas de música e de danza, que percorreu a Villa Francia ata chegar ao lugar onde os irmáns Vergara foran asasinados.
Alí recordouse a cada unx dxs caídxs e presxs, nomeando xs compañeirxs e berrando "PRESENTE!", e tamén se reivindicou a loita dxs compañeirxs mapuche. Logo falou Luisa Toledo, a nai dos Vergara, e avoa de Sol Vergara, quen se atopa agora en prisión polo ataque a un garda de seguridade, en reivindicación ao asasinato de Sebastián Oversluij mentres intentaba expropiar un banco.
Luisa Toledo recordou a todos xs combatentes, agradeceu o apoio da xente, tanto da propia Villa Francia como a que viñera doutras poboacións e outros lugares, e sobre todo, deu ánimos e infundiu valor para que xs xoves segan loitando e se atrevan a dar un paso máis na guerra contra o poder, saíndo da cotidaneidade e sen renderse nunca.
Tras o acto, moitxs foron abandoando o lugar momentáneamente. Minutos máis tarde, acompañadxs da noite que xa empezara a caer, reiniciouse unha marcha con antorchas, berreando o nome dxs caídxs e consignas como "QUIÉN LUCHA CON ARROGANCIA?! VILLA FRANCIA!!". A medida que a marcha avanzaba, ían rompéndose vidrios, lanzándose pedras contra diferentes empresas e levantándose pequenas barricadas para repudiar á policía, quen levaba todo o día despregando dispositivos pola zona (de feito, dispositivos máis amplos que anos anteriores). A marcha engrosábase pouco a pouco, mentres aparecían cada vez máis capuchas, armadas con molos, armas construídas por eles mesmos, e pistolas ou escopetas.
As persoas máis maiores e os nenos foron abandoando o lugar pouco a pouco, mentres lles desexaban moita sorte ás capuchas que quedaban, e lles pedían que, por favor, se coidaran.
Sobre as 21.00, coa noite como compañeira, comezou o intercambio de disparos e o fogo cruzado entre cócteles molotovs e gases lacrimóxenos, que durou ata máis ou menos ás 2.00 da mañá. Xs compañeirxs lanzábanse con valentía contra o inimigo, prendendo lume aos carros policiais, levantando barricadas, atacando con pedras e disparando dende onde podían, mentres, á súa vez, coidaban de escapar dos ataques dos contrarios e de controlar a súa chegada polo laberinto de pasaxes que compoñen á Villa Francia. Raiba e odio desbordaban os blocos combativos, conseguindo apartar a un lado o medo, clamando vinganza e morte ao poder. Unha loita pasional, onde se palpaba o amor e apoio entre todos xs combatentes, e a furia e ganas de acabar cos bastardos asasinos.
Esta xornada nesta poboación acabou con dous xornalistas feridos graves.
Esa mesma noite, na comuna de San Bernardo, na mesma cidade, conseguían ferir a un policía nun brazo.
Por outra parte, na poboación da Victoria, detiñan a catro compañeirxs. Chámase á solidaridade para apoialos no seu secuestro a mans do poder. Aquí tedes máis información
Se alguén quere botar unhas risas, aquí deixo a versión sensacionalista dos cans do poder, onde reivindican o papel de heroe que os mercenarios levan a cabo, arriscando a súa vida só por "cumprir co seu deber de protexer á cidadanía":
Por último, gustaríame rematar cunha crítica a todxs aquelxs que tomaron a xornada como se se tratara dunha festa calquera, e que se adicaron a beber alcohol e fumar porros mentres se falaba sobre xs mortxs, desaparecidxs e secuestradxs, e aínda peor, mentres outros compas arriscaban a vida na rúa. Entendo o consumo de substancias como unha opción persoal (suxeito a críticas), mais, lonxe disto, paréceme unha falta de respeto e solidaridade, unha descontextualización absoluta, o feito por estes suxeitos o sábado. "Esto se ha convertido en un show", dicía un tipo bebendo un cartón de viño e mirando dende unha esquina como os compas tiraban molos e escapaban dos disparos do inimigo.
Sen máis,
saúde e loita!
Nota de Abordaxe.- Colamos tambén este video con un extracto da entrevista a Luisa Toledo realizada por Frente Fotográfico antes do Dia dx Xoven Combatiente deste ano e no que se prantexava como ia enfrontar este novo 29 de Marzo, a 29 anos do asasinato dos seus fillos a mans da Policía Chilena:
No hay comentarios:
Publicar un comentario