Recollemos esta información de Naiz (aquí e acá):
Isto é o que contan sempre segundo o relato dos Mossos, que engaden que ao observar que non se atopaba ben, os sete axentes que participaron no operativo intentaron reanimar o detido, coa participación tamén de terceiras persoas, unha operación que proseguiu coa chegada do Sistema de Emerxencias Médicas (SEM), e aínda que o home foi trasladado ata un centro sanitario, finalmente faleceu.
Curioso que acudiran SETE mossos a aplacar a ira dum só home e que como resultado da operación morrera. No relato destacan o feito de que os 7 mossos intentaran reanimalo, o que non aclaran cal foi a súa actuación anterior para que o detido se pasara de ter unha actitude hostil a non atoparse ebn, unha vez alxemado e reducido.
O outro caso, tambén de onte, aconteceu en Salou (Tarragona) cara ás 22:00' e o home tambén morreu despois de ser reducido e alxemado por varios axentes dos Mossos d'Esquadra. Neste caso a súa intervención fora para separar ao home da súa parella, á que estaba agredindo.
Neste caso os axentes arguemntan que separaron ao home da muller, mas este, que se amosara violento, intentara golpear aos Mossos, que finalmente o reduziran e alxemaran. Segundo segue o relato policial, tras levar un anaco alxemado, o home perdeu a consciencia, sen que as manobras de reanimación do Sistema de Emerxencias Médicas (SEM) deslocalizado ao lugar serviran de nada.
Cabe lembrar que, ademais destas duas últimas mortes, oito mossos están acusados de homicidio pola morte de Juan Andrés Benítez o pasado 6 de outubro -tambén durante unha detención- e outros oito axentes desta policía catalana están imputados pola morte de Yassir El Younoussi na comisaría de El Vendrell (Tarragona) en 31 de xullo pasado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario