Colamos traducido do blogue criado ex profeso "EncausadesParlament":
Nunha sala repleta de compañeiras dos diferentes grupos de apoio, as distintas abogadas da defensa formularon unha serie de impugnacións previas dirixidas contra gran parte da forma e fondo deste proceso represivo: a participación como acusación do sindicato neofascista Manos Limpias, tamén a da Generalitat por canto tampouco se pode considerar parte prexudicada nun delito contra as institucións do Estado, a do Parlament de Catalunya, por non aprobar en pleno presentar a denuncia (aínda tendo potestade para preitos, debe aprobalo a cámara) e a competencia da Audiencia Nacional -que, recordemos, é herdanza directa do Tribunal de Orde Pública franquista-, para a celebración deste xuízo.
Tamén se argumentou respecto ás diversas irregularidades que presentan gran parte das probas de acusación -videos que poderían ter sido manipulados ou editados e dos que se descoñece a fonte orixinal, probas antropométricas ás que se lles obrigou a participar a algúns imputados contra a súa vontade, identificacións que vulneraron dereitos das imputadas e uso de ficheiros policiais ilegais- e actuacións policiais para a detención dun grupo de imputadas que xa se ían presentar ante o xuíz.
Por parte da acusación rexeitáronse todas as impugnacións formuladas pola defensa. Do mesmo xeito, os xuíces tampouco as teñen aceptado ou pospuxeron a súa decisión a outro momento do proceso. Deseguido, as imputadas negáronse a declarar ante as preguntas dos representantes de Fiscalía, Generalitat, Parlament e Manos Limpias, que se presentaron, cunha mesma liña de acusación.
Rematada a primeira sesión, imputadas e xente dos grupos de apoio fomos comer colectivamente para repoñer forzas de cara á concentración solidaria desta tarde ás 20:00 horas en Praza do Sol e as sesións xudiciais que nos quedan por diante.
Cara ás 20:30, a concentración en Sol foi disolta pola Policía Nacional que despregou un amplo dispositivo por toda a praza. Practicaron identificacións e controlaran os accesos ao lugar. A pancarta foi requisada.
Ademais segundo información recabada hoxe de Diagonal A Unidade de Intervención Policial impediu a celebración da manifestación na Porta do Sol. Uns 15 minutos despois do inicio da convocatoria, programada para as 20 horas, varias persoas intentaron despregar unha pancarta coa inscrición 'Jo també estava ao Parlament'. Nese momento, varios axentes procederon a requisala e comezaron a identificar a, polo menos, unha decena dos presentes. Ademais, as forzas de seguridade cachearon varias persoas, rexistraron mochilas e mesmo fixeron un mozo desenroscar as muletas nas diferentes pezas que a formaban. A Policía argumentou que actuou debido a que a convocatoria non fora comunicada á Delegación de Goberno.
Tambén aponta Diagonal que na segunda xornada (hoxe) están a declarar por videoconferencia 10 axentes dos mossos d' Esquadra cuias testemuñas se consideran relevantes: entre eles, un membro da escolta do president Artur Mas, así como o encargado de facer as identificacións das persoas encausadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario