24 abr 2014

[Compostela] Venres 25 ás 20:00' no CSOA Escárnio e Maldizer.- Palestra: O Hip-Hop como ferramenta de cámbio social

En primeiro lugar pedir desculpas as siareiras deste blogue por criar falsas expectativas ao interpretar por concerto o que nunca foi a intención da asamblea deste novo espacio okupado de Compostela (ata agora non se prantexou facer concerto algún, máis alá das foliadas) con o que correximos o da actuación debalde (dando sentido e toda a razón ao comentario abaixo engadido), mais permitimonos manter o de "dará mostras do seu bo facer" no novo Centro Social Okupado e Autoxestionado de Compostela, con a presencia de varios membros do mesmo que nos degostarán con a palestra "O Hip Hop como ferramenta de transformaçom social", con o que aguardamos manter altas as expectativas (non todo na vida son festas, e que non falte a loita).

Ademais queremos aproveitar este post para dar conta da saída da súa primeira mixtape, titulada “The One” e producida por Skillful e Dj Tips, 10 cortes mixturados nunha sesión para, como di a mensaxen, o “desfrute dxs malandrxs máis sibaritas”.

Deixamos acá o enlace para a súa descarga gratuíta no blogue do colectivo, onde podedes tambén descargar debalde outros traballos previos do colectivo ou dos seus membros a nivel individual ou conxunto.

edu

1 comentario:

  1. Ola, aquí umha idividua do Escarnio. Cumpre dicir que nom se trata dumha actuaçom, é umha palestra e o nome está errado. A palestras chamase "O Hip Hop como ferramenta de transformaçom social"

    Desculpem a gralha

    ResponderEliminar