O Boletín Tokata fai pública esta información redactada segundo a información aparecida en Avilared e axencias, nas que dan conta de que "a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias denunciou ante a Fiscalía a un funcionario do Centro Penitenciario de Brieva (Ávila) como presunto autor dun delito de abusos sexuais a, polo menos, unha presa deste cárcere. E non só iso. Un segundo funcionario tamén está a ser investigado pola presunta comisión dun delito similar".
"Ademais abriuse en paralelo unha información reservada para determinar o sucedido, ao mesmo tempo que se puxo a situación en coñecemento da Xustiza. Os feitos que transcenderon agora remóntanse a varios meses atrás. O funcionario, de momento, foi suspendido de emprego e soldo. Entanto o segundo carcereiro investigado, de momento, ten prohibida a entrada ao Centro Penitenciario de Brieva".
A continuación, segundo esta información: "Todo o que rodea ao caso impactou ao equipo do cárcere" mais minte de seguido ao decir que: "O Centro Penitenciario de Brieva non viviu algo parecido dende a súa inauguración en febreiro de 1989, hai agora 25 anos", e prosegue aclarando: "se ben, a raíz do caso denunciado agora, non se descarta que anteriormente se producisen comportamentos similares". Se ben remata volvendo a mentir ou a tomarnos por parvas ao aseverar que "a investigación aberta por Institucións Penitenciarias podería botar luz neste sentido".
De feito na mesma entrada de Tokata, nos seus cometarios, interven Lola Riveiro, a nai de Noelia quen, entroutras coisas, lembra que "no 2012 xa intentaron violar á miña filla, Noelia Cotelo Riveiro. Ela denunciou, eles arquivaron a denuncia; espero ke deixen de maltratar e humillar ás presas, feito ke sucede a diario, e nos cárceres de mulleres xa non tiña ke haber homes. Vixilancia Penitenciaria tiña ke haber actuado no seu momento cando Noelia denunciou e así se evitarían violacións". Tambén nunha rede social Lola aponta estes interrogantes: "¿como se chamará este personaxe? ¿Será Jesús, será Adelardo?". E a tal respecto, eu entendo que Lola deixa entrever ese ocultamento da identidade do violador, feito habitual cando se trata de membros dos corpos represivos. Dicer que Jesús é o carcereiro que tocoulle os peitos e o torso a Noe entanto ela durmia alxemada á cama; e Adelardo é outro carcereiro que lle suministrara a Noe unha cantidade de metadona que case lle provoca unha sobredose e quen lle dixera noutra ocasión que ela non precisaba médico algún porque ia morrer alá.
Noticias en Abordaxe ao respeito de Noe en Brieva, entre elas a que contradice as mentiras de Institucións Penitenciarias cando esta aponta que no "CP Brieva non se vivira algo parecido dende a súa inauguración en febreiro de 1989"
30 abr 2014
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario