Colamos de QuePasaNaCosta:
A Plataforma Salvemos Cabana ven de declarar que os informes que lles vén de enviar a Xunta a raíz dunha pregunta realizada pola entidade, recoñecen a “medición de alarmantes niveis de aluminio e baixos niveis de pH, indicando a presenza de augas ácidas tóxicas derivadas da actividade mineira preexistente das que polo momento se descoñece o seu grao de incidencia sobre as captacións de auga para o consumo humano -especialmente nas zonas potencialmente afectadas do Concello de Carballo-". Lembramos que dende o concello de Carballo se dera a alerta dos posibles vertidos à Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Xunta, e dende aquí fixeran ouvidos surdos a tais demandas, ata que se producira o previsíbel e anunciado desastre. De tal actuación (máis ben ausencia de acción) aínda non hai, ne se esperan, asunción de responsabilidades.
A Xunta recoñece así que as balsas seguen contaminadas e que os puntos de vertedura do accidente seguen sendo un problema. A rotura da balsa da antiga mina no alto do Monte Neme aló por mediados de febreiro provocaba riadas de máis de 24.000 m3 de augas contaminadas ata as praias de Aviño, en Malpica, e de Razo, en Carballo, deixando un regueiro de augas ácedas baixando polos montes de ambos concellos.
Salvemos Cabana denunciaba ao Seprona a situación e pedía á Consellería de Sanidade os resultados destas analíticas que dan conta da problemática ambiental destas prácticas mineiras, con case 100 anos de actividade na comarca de Bergantiños.
Ademais, a entidade presentou “alegacións ao proxecto de abandono e clausura do grupo mineiro ‘Monte Neme’, ao considerar que se trata dunha restauración claramente incompleta e que centra a maior parte dos recursos no maior oco da explotación situado na concesión ‘Rima’, deixando á marxe a outras zonas procedentes da antiga explotación metalífera, ás que se considera como “restauradas” pero que presentan un máis que evidente estado de degradación”.
Propoñen dende a entidade a “implantación unha pradaría que poida ser aproveitada como pasto ou para recoller forraxe”, ao tempo que denuncian que todas as decisión se están a tomar despois da catástrofe a pesar de teren sido avisados do perigo con tempo.
E non quedan aí os problemas xa que a asociación denunciou tamén ao Seprona unha vertedura incontrolada de augas ácidas nunha balsa situada ao leste da concesión mineira ‘Reconquista’, que está a derivar monte abaixo en dirección á localidade de Nétoma, en Razo.
23 abr 2014
A Xunta non ten outra que confirmar a toxicidade das augas do Monte Neme
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario