29 abr. 2014

A voltas con Xabier Omaña, desta volta atrapado na Operación "Araña"

Hoxe soubemos que, nas detencións levadas a cabo onte no estado español pola Guardia Civil, a instancias do xuíz da Audiencia Nacional, Eloy Velasco, na chamada "Operación Araña", foi detido e posteriormente posto en liberdade, unha outra vez, o lucense de Outeiro de Rei, Xabier Omaña Casanova.

Alguns falsimedios galegos facendose eco do publicado pola axencia EP, retornan a falar dele como "coñecido entre as forzas da orden por ser integrante de grupos anarquistas antisistema"; se ben o de maior tirada, por redacción propia, fala dele como "un coñecido independentista e antisistema lucense", e amplia a información ao respecto da súa detención e posteiror posta en liberdade, dizendo que esta foi practicada onte pola mañán cuando o independentista dirixíase a un xulgado de Lugo, onde debe presentarse periódicamente dende que fora detido o pasado mes de xaneiro pola súa suposta vinculación con o lanzamento de cócteles molotov contra o Clube Financiero de Vigo. Tambén relata este falsimedio que o detido permanecera durante todo o día de onte nas dependencias da Comandancia da Guarda Civil de Lugo, que pola tarde fora interrogado polos axentes do Servizo de Información chegados dende Madrid e que xa ficou en liberdade, ás tres da madrugada, tras prestar declaración.

Xa falamos neste blogue abondo ao respecto de Xabier Omaña e a súa "fantasiosa relación con o anarquismo" cando a súa detención de xaneiro, mesmo fixemonos eco das súas propias declaracións desmintindo a súa vinculación con o anarquismo (ver acá), mais a axencia EP, que soe facer as funcións de espallar a información facilitada pola policía, e os xornaluchos locais, voltan a insistir na teima de vinculalo con o anarquismo. "Difama que algo queda".

Non vou poñer nen quitar etiquetas de anarquistas, mais resulta paradóxico que, neste clima de represión e de falla de liberdade de expresión, aínda haxa quen faga uso das redes sociais para manifestar abertamente as súas simpatías por organizacións criminalizadas con o estigma de "terroristas". Na altura, faiseme moi estraño, que aínda haxa quen non se percate de que está a ser vixiado e pode ser culpabilizado polos delitos de enaltecemento do terrorismo e humillación ás víctimas (según o Código Penal, o delito por enaltecemento do terrorismo pode chegar a condenarse con dois anos de cárcere). Pero a realidade é que nesta operación de Velasco, cairan na súa tearaña entre 17 e 21 persoas (dependendo das fontes visitadas) ata agora, 15 no País Basco e Nafarroa; 1 en Castilla y León; 1 na Galiza; 2 en Asturies e 2 en Catalunya, dois deles minores de edade, nun operativo que continúa aberto e no que non se descartan novas detencións.

Segundo algunha información as persoas detidas non teñen relación orgánica entre elas, e son acusadas de ensalzar accións "terroristas" e de mofarse de víctimas como Irene Villa ou Miguel Ángel Blanco en comentarios e referencias nas redes sociales "de forma reiterada, en perfiles públicos e con numerosos seguidores adheridos" (según la Guardia Civil), ademais de manifestar os seus desexos de que segan cometendo atentados as organizacións armadas; loubanzas aos atentados xa cometidos; enaltecemento de militantes de organizacións armadas xulgados e condenados; benvidas a presos liberados; desexar que se atente contra determinadas persoas e referencias aos danos físicos sofridos por víctimas das accións destas organizacións armadas.

redactado x eDu

1 comentario:

  1. Informa CEIVAR (http://www.ceivar.org/nova/index.php?option=com_content&view=article&id=1970:em-liberdade-os-21-detidos-na-operacom-aranha&catid=34:novas&Itemid=1):

    Um lucense entre os detidos

    Segundo relata X.O. foi detido ontem às 11:30 no parque Rosalia de Castro de Lugo levado ao quartel da Guárdia Civil onde passou um reconhecimento médico por atopar-se com problemas de saude respiratórios.

    Posteriormente foi trasladado aos calabouços até a chegada da advogada de ofício. Durante o interrogatório, a X.O. mostrárom-lhe imagens de várias pessoas da comarca assim como do Centro Social Mádia Leva! e pressionárom-no para que aportara informaçom.

    Finalmente foi conduzido de novo aos calabouços onde às 03:30 comunicárom-lhe que podia ir-se. X.O. solicitou a documentaçom referente à sua detençom e a Guárdia Civil negou-lha e propinou-lhe duas bofetadas assim coma umha pancada.

    Ao igual que aos 21 detidos, requisou-se o seu telefone móbil. De confirmar-se este caso, seriam 30 as processadas galegas nos últimos meses por "enaltecimento do terrorismo".

    ResponderEliminar