24 abr 2014

[A Guarda] Feira do Libro Anarquista - Troco de última hora na programación

Compas de A Guarda fannos chegar un correo no que nos notifican un pequeno cambeo na programación prevista para a Feira do Libro (como apontan as organizadoras, nada que non tivera arranxo). Feira da que, lembramos, só falla un día para que de comenzo. Re-convidamos dende aquí a participar no que se promete como un evento inesquecíbel, para e-lo lembramos que temos un apartado especial, acá, neste noso blogue na coluna direita con a programación actualizada no texto (en galego normativo, português e castellano) e demais coisas que foron xurdindo (aviso: o cartaz con a programación non está actualizado con estes cambios):

Xa falta nada para que comece esta II edición da Feira do Libro Anarquista en A Guarda, que promete ser un fructífero e positivo espazo de encontro e intercambio, aínda que semella que as persoas que se adican ás predicións do tempo non teñen a mesma opinión. Continúa en pe a programación case na súa totalidade aínda que cun pequeno troco xa que xs compas de Trasnoitada teatro comunicaronnos moi ao noso pesar que non poderán participar nesta edición da feira. Pero non vos preocupedes xa que hai moi poucas cousas que non teñan arranxo e esta non ía ser unha excepción. A solución proposta foi cubrilo oco do sábado co teatro “Quenridequen” (que estaba programado para as 16h do domingo) e como confirmación de última hora contaremos no lugar que deixan "Quenridequen" no domingo coa proxección da curtometraxe “Ibrahim” que narra unha das realidades migratorias que se dan nun barrio centrico de Madrid como Lavapiés, a cargo do Colectivo Libertario de Cine "Camara Negra".

Ibrahim é o primeiro proxecto do Colectivo de Cine Militante Alhurria, o cinema como ferramenta de transfomación social.

Ibrahim fala dos conflictos aos que se enfrontan dous amigos, aos que lles toca migrar, reflexa o momento social que vivimos.

Sinopse: Ibrahim e Reduane son dous amigos marroquís que residen en Madrid. Os dous amigos deciden compartila súa documentación para tentar sobrevivir dunha maneira máis digna. Pero este xesto amigable supón uns riscos, riscos que sairán á luz a raíz dun accidente. Ibrahim figura como morto para calquera trámite burocrático, vivindo situacións na fronteira entre o drama e o absurdo.

Muita máis información no seu blog: ibrahimcortometraje.blogspot.com.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario