21 abr 2014

A Anarquía é Inevitable x Grupos Anarquistas Coordinados

Colamos (traducida) esta reflexión que recollimos de AlasBarricadas:

A Anarquía é inevitable

En novembro de 2013 cinco compañeiros/ás anarquistas son detidos/ás en Barcelona acusados/ás do ataque á basílica do Pilar de Zaragoza e de pertenza a organización terrorista. Esta organización sería, segundo a prensa e o xuíz instrutor do caso, o "Comando Insurreccional Mateo Morral, pertencente aos Grupos Anarquistas Coordinados, á súa vez rama española da FAI/FRI (Federación Anarquista Informal/Fronte Revolucionario Internacional)". Como é sabido, destas cinco compañeiras, dous (Mónica e Francisco) encóntranse actualmente en prisión, se ben todas teñen os mesmos cargos.

A policía, a Audiencia Nacional, a prensa, o Estado... perden o tempo buscando "organizacións terroristas anarco-insurreccionalistas". Non serve de nada tratar de encontrar estruturas, coordinadoras, grupos ou federacións ás que golpear, xa que o verdadeiro problema para o sistema, e por se non o sabe nós llelo dicimos, non é estrutura ningunha senón as propias ideas anarquistas e as propias individualidades rebeldes.

Non negamos a importancia de coordinarse, de coñecerse, de comunicarse, de tecer redes, formais ou informais. O que dicimos simple e claramente é que en cada individua existe a semente da rebeldía. Nas ideas anarquistas, e nas súas prácticas, existe o xerme que destruirá todo indicio de poder. Que mentres exista o Estado ou calquera tipo de autoridade haberá ideas anti-autoritarias e individuas anárquicas dispostas a rematar coa devandita autoridade.

Mentres fique un/unha só anarquista a loita continuará. Xa pode acusar o Estado a quen queira do que queira e sinalar ou intentar amedrentar ao noso movemento, ás nosas estruturas e ás nosas compañeiras, que de pouco lle vai servir. Hai xa tempo que o vén intentando facer. Especialmente pesado foi o Estado nesta tarefa no ano que recén rematou. Especialmente insistente a prensa co perigo anarquista, cos atentados, cos violentos antisistema que se infiltran nas manifestacións. O descontento está sementado. O xerme da rebeldía existe e nós, anarquistas, seguiremos difundindo as nosas ideas, as nosas formas de relacionarnos (nas que a autoridade non ten cabida), nosas prácticas e seguiremos buscando complicidades con todas aquelas oprimidas que queiran librarse das súas cadeas ou que simplemente intenten loitar contra o que as explota cada día.

Toda a nosa solidariedade con Francisco, Mónica e o resto de procesadas de Barcelona.

Toda a nosa solidariedade cos compañeiros anarquistas de Galiza detidos no mes de Xaneiro, acusadas de atacar unha sede da patronal.

Toda a nosa solidariedade coas compas detidas nas diversas manifestacións e revoltas ao longo e ancho do estado español e do resto do mundo.

Toda a nosa solidariedade cos nosos presos e con todas as encarceradas rebeldes que pelexan pola súa dignidade.

Respecto e honra para o compañeiro Sebastián Oversluij, morto en Chile, e para todos/ás os/ás caídos/ás na loita contra a autoridade ao longo e ancho do globo, ao longo e ao largo da historia.

Sempre firmes, sempre anarquistas. Contra toda autoridade, como dixeron outras compañeiras antes ca nós, a anarquía é inevitable.

Grupos Anarquistas Coordinados

Marzo de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario