Semella que hoxe é o día en que as forzas represoras do estado serven ao Capital contra dos intereses cidadáns. Así é como tanto en A Coruña no desaloxo do CSO Palavea como en Sarria con a protección da Guarda Civil das tarefas de tala de árbores e destruición da natureza, demostrase a quen serven estes supostos gardáns da cidadanía.
Denuncian dende a Plataforma que, polo que saben a día de hoxe, as obras da tala carecen de autorización da Direccción Xeral de Patrimonio a pesar de estar na zona de afección do Camiño Francés a Santiago. Ademais carecen do informe de eliminación de obstáculos pertinente da D.X. de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente. Asimesmo fan saber que as súas denuncias ante a Consellería de Cultura e a D.X. de Conservación da Natureza seguen sen estar resoltas. Pero, denuncian, a Confederación semella que está por riba da Lei e do ben e do mal.
colado x eDu
No hay comentarios:
Publicar un comentario