Segundo recollemos do blogue do ComitédeSolidariedade
A Secretaría do Xulgado nº 5 da Coruña ven de citar a Josefa Seoane Vaz a comparecer o vindeiro día 12 de xuño ás 10,30 horas logo de que a fiscalía dá Audiencia Nacional a imputase por un presunto delito de
“enaltecemento do terrorismo”. Pepita, nai do preso político do PCE(r) Paco Cela e de Suso e Carlos (ambos os dous tamén ex-presos), é acusada de
“xustificar á banda criminal [GRAPO] como unha resposta a unha suposta violencia do Estado” e
“menosprezar ou mesmo calumniar e humillar ás vítimas” nunha
entrevista concedida a El Mundo que foi publicada o 7 de xullo de 2013. A petición fiscal pode oscilar entre un e dous anos de prisión. Recordamos que Pepita ten actualmente 75 anos.
Seguiremos informando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario