25 mar 2014

[A Coruña] Desaloxan o CSO Palavea

Á espera de máis e mellor información, agradecemos á compa que non enviou por correo a noticia do desaloxo tal como informa un falsimedio:

Axentes da Unidade de Intervención Policial (UIP) da Policía Nacional desaloxaron esta mañán aos ocupas do centro social de Palavea, en A Coruña. No operativo, que se desenvolveu sen incidencias, participaron medio cento de policías. E aquí o video deste falsimedio sobre o despregue policial afora do CSO Palavea

Nun outro pseudoxornal local dan conta tambén do suceso e falan de que o desaloxo produciuse esta mañán baixo un importante despregue policial. Decenas de axentes da Policía Nacional e tambén efectivos da Guarda Civil de Tráfico se presentaron ás 07.30h nas instalacións 'okupadas' para proceder ao desaloxo forzoso do edificio, no que só había unha persoa, unha activista, no momento da actuación policial. Tras desaloxar á única ocupante que había na casa ás 07.30h cando se presentou a policía para executar o desaloxo forzoso, o despregue policial se mantivo durante case tres horas e cans da policía rastrearon as instalacións sen que se rexistraran incidentes nen altercados en nengún momento durante a intervención. O operativo policial mantívose ata pasadas as 10h, cando os policías se retiraron despois de que uns particulares colocaran unha cadea na porta de entrada ao recinto. A Gardia Civil de Tráfico permaneceu no lugar para regular o tráfico e prestar apoio á Policía Nacional ata que concluiu a intervención.

No hay comentarios:

Publicar un comentario