Reproducimos (traducido) Comunicado recibido na nosa caixa de correos, envíado por "Solidarias Sin Amo". A acción enmarcase na Xornada de Axitación Solidaria Internacionalista en apoio aos compas do Caso Security en Chile, e tambén vai adicada axs compas Mónica Caballero, Francisco Solar e todxs xs presxs anarquistas, e axs que resisten no CSO Palavea de Coruña contra o desaloxo:
Na madrugada do 18 ao 19 de marzo algunhas solidarias de Pontevedra atacamos con pintura a sucursal de NovaGalicia Banco situada detrás da Subdelegación do Goberno e ao lado da facultade de Belas Artes, nunha zona bastante transitada durante o día.
Este ataque non foi nada extraordinario. Reutilizamos tarros de cristal, lavámolos ben e enchémolos de pintura, tomando precaucións para non deixar pegadas. Logo, levámolos ata o banco onde os estampamos contra a fachada, rompendo e liberando a pintura. Un dos botes non foi lanzado, senón que se baleirou enriba do caixeiro automático, enchendo de pintura boa parte da súa superficie.
Reivindicamos tamén a rotura dunha pantalla doutro caixeiro automático noutra parte da cidade.
Por falta de medios e dunha boa preparación da acción non puidemos obter fotografías do resultado, sentímolo, pero esperamos que polo menos vos faga sorrir aos que estades tras as reixas.
Mandamos deste xeito varios xestos:
- En primeiro lugar enmarcamos esta acción na Xornada de Axitación Solidaria Internacionalista en apoio aos compas do Caso Security en Chile. Saudamos a Marcelo, Juan e Freddy e enviámoslles forza para enfrontar o seu xuízo o próximo 25 de marzo. Saudamos tamén a Carlos Gutiérrez Quiduleo.
- En segundo lugar, aínda que non menos importante, saudamos a Francisco Solar e mandámoslle tamén noso máis sincero cariño para facer fronte á situación de fustrigamento e inhibición das súas comunicacións que sofre dende que chegou á prisión de Córdoba. Tamén saudamos a Mónica Caballero e o resto de anarquistas presxs no Estado español e o resto do mundo.
- En terceiro e último lugar queremos enviar forza aos que resisten no CSO Palavea de Coruña contra o desaloxo. Varias circunstancias impídennos acudir persoalmente a prestar a nosa axuda pero queremos con este xesto transmitirvos forza e solidariedade. Responsabilizamos a NovaGalicia Banco do desaloxo, por ser eles que especularon coa propiedade durante os últimos anos.
Esperamos crecer e mellorar con cada ataque. Cremos que as sabotaxes e as accións deste tipo, independentemente da súa potencia, serven para visualizar o conflito e facelo patente e por iso queremos chamar a que as accións se multipliquen cos medios e ferramentas que cada grupo ou individualidade teña ao seu alcance, sen xerarquías duns métodos sobre outros e unindo forzas para construír unha boa práctica de subversión na rúa.
Viva a revolta!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario