4 mar. 2014

[Lugo] Actividades do mes de marzo no Ateneo Libertario A Engrenaxe - Sábado 22 ás 19h Presentación de Abordaxe

Xs compas do Ateneo Libertario "A Engrenaxe" enviáronos un seu correo con o seu Programa de Actividades correspondente ao mes de Marzo, coa presentación de Abordaxe incluída:

Todos os martes de 18:00 a 21:00 h. apertura da Biblioteca.

O xoves 6 ás 20:30 h inaugurarase a Exposición: "Mulleres e Anarquismo", onde as asistentes poderán visualizar unha mostra foto- biográfica sobre mulleres que loitaron contra o patriarcado e en favor do anarquismo en todo o mundo. Contaremos coa presenza de Carme Blanco, escritora e profesora e Montserrat Núñez, secretaria de CNT Lugo.

O venres 7, Proxección do Documental "Emma Goldman, unha muller sumamente perigosa". O venres 21, a proxección de "Comprar, Tirar, Comprar"; todas as sesións serán ás 22:00h e, a posteirori, realizarase un pequeno debate.

Os venres 14 comezarase co novo Grupo de Estudos, as 21:00 h. no ateneo, esta vez sobre a "Saúde Mental" en colaboración co CAS Mádia Leva!, onde se desenvolverá a segunda sesión, o día 28.

O sábado 15 ás 18:00h terá lugar o Taller de Faino Ti Mesm@ "Coñece a túa Computadora", onde os asistentes poderán coñecer estes aparellos por dentro e aprender a montalos.

Finalmente, o sábado 22 ás 19:00h, Presentación do novo numero da revista "Abordaxe".

O Ateneo está na Rúa Rio Sil Nº 52

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada