5 mar. 2014

Fanzines (en castelán) "Resistencia Obrera al Trabajo Industrial y a la Máquina. Antes de los Ludditas" e " Ludditas de la Tierra Resistentes al Ferrocarril"

Recibimos un correo dxs compas cataláns do blogue anarquista "Negre i Verd", especializado nas luitas antidesenvolvistas e de defensa da terra, xurdido na rede a finais do ano pasado. Agora e dende a súa páxina as compas oferecen a traducción ao castelán de dous interesantes fanzines: "Resistencia obrera al trabajo industrial y a la máquina. Antes de los ludditas" e "Luditas de la tierra resistentes al ferrocarril". Tambén están disponibeis en catalán: "Resistència Obrera al Treball Industrial i a la Màquina" e "Els Luddites de la Terra i l'inici de la Xarxa de Dominació"

O seu logo é a rá branca e verde(a que vedes no deseño adxunto), que como apontan as compas no seu blogue: A ra branca e verde de América Central ten na súa pel unha toxina poderosa capaz de matar animais máis grandes, incluíndo seres humanos. Pero se é domesticada, a ra perde a súa virulencia para ser completamente inofensiva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada