5 mar. 2014

ACCIÓNS En vivo/ Greenpeace contra as Centrais Nucleares Europeas

Agora mesmo están a ter lugar en diferentes centrais nucleares europeas varias accións pacíficas simultáneas protagonizadas por 240 activistas de Greenpeace en Bélxica, Suiza, Suecia, Francia, Países Baixos e Estado español. En este post da web de Greenpeace están a contar en vivo a acción realizada en Garoña (Burgos).



Hoxe é o Día de Acción Global en Europa para poñer de manifesto a inseguridade das centrais nucleares europeias, especialmente as máis antigas, como a Central Nuclear de Garoña en Burgos.

A primeira hora, 30 activistas de Greenpeace chegaran con 10 veículos de obra, camións e maquinaria, diante da central nuclear de Garoña para pedir o seu desmantelamento imediato. Aos poucos a guardia civil bloqueou a porta e os seguretas da central mollan con imensas mangueiras ás activistas de la puerta. Ata agora as activistas resiten pacíficamente na porta da central enganchadas con cadeas e bloqueos de man, en tanto seguen chegando máis forzas antidisturbios.

Greenpeace fai lembranza de que a orden de feche definitivo desta pranta (Orden Ministerial de 3 de xullo de 2009) está en vigor e que a Audiencia Nacional confirmara esta decisión, cono que demandan que o proceso de desmantelamento debe realizarse de maneira consecuente ao feche definitivo, dado que Garoña xa está fora do Sistema Integrado de Supervisión das Centrais (SISC); se ben o Goberno de Rajoy ven de aprobar o pasado 21 de febreiro un Real Decreto que permitiría a Endesa e Iberdrola, os operadores de Garoña, obter unha nova autorización. Se ben, como denunca Greenpeace, ademais de envellecida, Garoña non ten sido evaluada para unha hipotética ampliación dende 2009, e dende entón variaron os criterios de seguridade a raíz do accidente de Fukushima, modificandose os requerimentos ambientais e o seu estado de funcionamento, dado que permanece en estado de parada dende hai máis dun ano. Ante esta situación Greenpeace exixe o seu desmantelamento de manera imediata.


Á hora de publicar isto (as 11h e 20') as últimas noticias falan de que a guardia civil pediulles a licencia de obras e ante a súa lóxica inexistencia procedeu a quitarlles o material de construcción. E que están a retirar as activistas da porta da central onde 19 delas estaban manifestándose pacíficamente, portando unha faixa con a lenda "Desmantelamiento ya". As activistas foron deslocados ata unha ponte previa á entrada de Garoña, e todas as activistas foron identificadas.

Na súa web podedes seguir estas espectaculares accións que comenzaron esta mañana, con cáracter pacífico, para por de relieve os riscos do envellecemento da enerxía nuclear e para pedir que os gobernos empecen a invertir en alternativas limpas e seguras para acadar o obxectivo de que as renovabeis supoñan un 45% da Europa do 2030. Ou sexa unha luita de espectáculo non violento que de seguro terá grande repercusión mediática para seguir a manter este ritmo selvaxe de destrucción da terra dende a perspectiva verde clara (como Iberdrola?? ou Endesa??).

Activistas de Greenpeace: Non hai alternativas limpas e seguras para manter este destrozo!!. É acaso limpa a enerxia solar que precisa duns paneis feito con minerais que son escasos na Terra?? Ou a eólica que aniquila aves de gran tamaño e provoca un ruído insoportable??.

eDu

13 comentarios:

  1. 11.32 h: Hai 9 persoas detidxs pola guarda civil, son as 9 activistas que permanecían sentadas diante das portas da central. A guarda civil previamente obrigara a reitrarse da escena a cámaras e fotógrafos e acto seguido procedeu a detención das activistas e están sendo transladadxs pola guarda civil.

    ResponderEliminar
  2. Bueno, visto é o puto colmo, Adega, Greenpeace... Que vai ser o seguinte?
    Sorpendedeme anda! Médicos si fronteras? Concepción Arenal?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

      Eliminar
    2. Cometário eliminado a petiçom expressa do seu autor "ravachol".

      Eliminar
  3. La deriva reformista de abordaxe :D ...

    ResponderEliminar
  4. Falabaratos deixande de enmerdar e pondevos a faer algo

    ResponderEliminar
  5. a mim gostaria-me receber críticas sobre o que escrevo, nom sobre quê, pois dado a criticar sobre o que se escreve também estou a publicitar PP, PSOE,...

    só vos fijades nos cabeçalhos?

    lêr, lêr, malditxs anónimxs

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Home, lendo o artigo íntegramente é obvio que a fin do texto é crítica con Greenpeace. Pero tamén di cousas positivas, e non deixa de alentar as súas convocatorias. Eu sigo entendendo que se pode ser crítico con Greenpeace sen necesidade de darlles pulo. Quizáis sexa cuestión da forma de redactar.

      Eliminar
    2. É evidente que cada leitora é livre de interpretar os meus escritos como quiger. Surpreende-me caro Ravachol, que destaques que se dim cousas positivas e que se alentam assim as suas convocatórias (??); vai ser bem certo que cada quem interpreta o que escrevo ao seu gosto. Dar-lhes pulo?? Entom de que se trata?? de ponhe-los a feder e/ou mentir ao respeito das suas "espectaculares" acçons, que nom deixam de ser só isso: "espectáculo" para as cámaras de tv e fotojornalistas; ecologistas bons e pacíficos "versus" ecologistas agressivos e eco-terroristas. Igual é que a minha retranca ao falar das suas acçons espectaculares e mediáticas nom é o suficintemente evidente e de ai que entendas que estou a falar bem, mas o meu ánimo ao escrever isto foi dar um ponto de vista bem diferente ao de todas as crónicas de falsimedios e pensei, na minha defensa a tanta crítica, que a gente que lê Abordaxe (agás quem bem sabemos) é gente que nom se queda só com o titular do cabeçalho e que é quem de fazer umha crítica ao corpo da notícia, mas é claro que estou errado, dado que ha penha que aproveita os comentários para botar mais lenha quando algo começa a arder e afumar e outras aproveitam o corro da fogueira só para quentar-se e tirar merda.

      Eliminar
    3. Bueno, non vexo o a necesidade de perder o tempo adentrándose no espectáculo de Greenpeace, xogando unha especie de papel mediático opositor, dandolles unha importancia ou publicidade que persoalmente para min non merecen. Habendo como hai centos de accións, convocatorias, artigos, comunicados de corte antiautoritario arredor do mundo e a diario, e que nin se mentan neste blogue. Terei que poñerme as pilas, porque creo que a peña aquí está mais pendiente do que fai Greenpeace ou o que di Adega, bueno, cada un co seu, non me parece mal que un se sumerxa na crónica mediatica espectacular dos mass media para criticar a Greenpeace. Cada un prioriza o que quere. eu xa rectifiquei en publico e desculpeime en privado, non vou a seguir con este debate en publico.

      Eliminar
    4. edu- queixarse do anonimato en esta situacion e normal, pero mellor esta non deixar a opcion de comentario aanónimo( axente poderia poñer more e vía)

      ravachol- non hai que ser tan inxusto con o traballo das demais pero lgo de razon tes "non hai maior desprecio que non dar aprecio"

      Eliminar
  6. Tes razón ler:

    http://www.eldiariointernacional.com/spip.php?article3465

    ResponderEliminar
  7. http://www.taringa.net/posts/info/13923569/Greenpeace-es-financiada-por-las-Petroleras.html

    ResponderEliminar