18 mar 2014

[Compostela] Sábado 22: X Encontro da Rede Galega de Sementes

Colamos do seu blogue:

Aquí vai o convite para todxs ao terceiro encontro de intercambio de sementes en Compostela, terá lugar durante o encontro de horta urbana, o próximo sábado, 22 de marzo no CIAC (ao fondo do parque de Belvís). Poderase poñer postiño no parque (está pedido o permiso ao concello para mostra de productos de horta, de artesanía) e agardamos que veñades moitas sachadoras a trocar sementes e ás actividades.

Aí o vai o programa; Achegádevos e difundide!!

11:00 Apertura da mesa de Troco de Sementes (aberta ata as 19:00, con pausa para xantar)
11:30 – 13:00 Ioga para labreg@s. Como traballar a terra sen mancarnos, con Mavi Oliva (para axudarnos a calcular os materiais agradecemos que te inscribas neste link ou no teléfono 981 543 145)
13:00 – 14:30 Roteiro polo Sar: descubrir as brañas, o río, as hortas... e máis sorpresas do Sar.
14:00 – 16:00 Xantar. Achega o teu xantar, haberá espazo e comida para compartir.
16:00 – 17:00 Café de encontro. Ao redor de infusións da horta, té e café; coloquio encol da horta en Compostela
17:00 – 17:30 Taboleiro de anuncios. Buscas terra e ofreces coñecementos de remedios naturais?; precisas axuda na horta e ofreces parte da colleita?; durante todo o día disporás dun taboleiro “Busco-oferto” e nesta media hora aproveitaremos para coñecérmonos!
17:30 – 18:30 Obradoiro de manexo da biodiverside no pequeno horto. Extraccion de sementes. Edgar.
18:30-20:00 A xestion comunal tradicional da terra. Foro ao redor do monte comunal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario