Colado por "no passaran" no IndyBarna, reproducimos, unha vez traducido, este Comunicado:
Os saloucos victimistas difundidos polo nazi Varela como reacción ao noso ataque (expresados na forma dun hipócrita discurso contra a "violencia da esquerda") non nos sorprenden, posto que conectan co lavado imaxe xeneralizado que intentan levar a cabo en distinto grao todos os grupúsculos do fascismo español, arrastrando pateticamente polo chan os seus verdadeiros principios para mostrarse ante o público baixo o máis presentable aspecto do populismo xenófobo democrático. Pero malia todos os intentos de maquillaxe política, a cantilena victimista e demócrata de suxeitos como o que rexenta a libraría Europa, directamente vinculada coa comunidade de nazis do exército de Hitler retirados no Estado español tras a Segunda Guerra Mundial (Otto Skorzeny, Leon Degrelle), sempre soarán estridentes e ridículas en oídos minimamente informados.
O fascismo expresa o seu ADN violento non só cando historicamente adquire a forma de Estado totalitario, aniquilando mediante o terror ás minorías que se lle opoñen, senón tambén nas súas formas actuais de grupúsculo político ou de cuadrilla, levando a cabo agresións brutais contra os que consideran os seus obxectivos. Agresións que só no Estado Español causaron numerosos feridos graves e mortos: Carlos (2007), Roger (2003), Guillem Agulló (1993), Lucrecia Perez (1992)...
Fronte a estas agresións, e fronte aos intentos de impoñer un proxecto político baseado na exacerbación e institucionalización destas agresións, a diferenza dos seus autores nós non ocultamos a nosa determinación para actuar de forma contundente. Non imos deixalos pasar. Non deixaremos que intoxiquen os nosos barrios e as nosas vilas co discurso doado da "unidade nacional" e o "odio ao estranxeiro", aproveitando o contexto de crise para gañar cotas de poder a custa de cargar aínda mais violencia e presión sobre a clase traballadora emigrante. Aquí como en calquera lugar de Europa, aquí en Barcelona como en Vallecas, Paris, Keratsini ou Hellersdorf, o inimigo é o mesmo: o sistema capitalista que devastou as nosas condicións de vida en nome "dos Mercados", e o seu subproduto reaccionario, os fascistas que queren levar aínda mais lonxe o autoritarismo e a brutalidade dos Estados.
Por iso, porque somos conscientes dos tempos que nos toca e nos vai tocar vivir, non podemos senón estrañarnos ante a actitude de quen por un lado critica a acción directa contra os nazis de hoxe en dia, e por outro se leva as mans á cabeza vendo documentais históricos sobre as ditaduras europeas dos anos 30, mentres se pregunta "Como é que ninguén fixo nada?".
Barcelona, 13 de marzo do 2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario