Traducimos de Tokata esta actualización desta convocatoria, da que xa deramos pulo en Abordaxe:
O 22 de marzo pola unidade real contra o abuso, polas rúas madrileñas. Pola derrota da espoliación. Pola derrota do crime institucional. Pola saúde, cultura e vida en dignidade do pobo. Somos obreristas e tambien somos a representación viva dos excluídos e os presos inxustificables. Somos as vítimas directas e herdadas do franquismo. Somos todas as posibilidades civilizadas e organizadas do desenvolvemento humano. Somos os que imos e os que non poden ir polas reixas, hospitais ou calquera imposibilidade física ou material. Somos os demócratas contra os usurpadores. Somos amigos dos que loitan e só discutiremos e avergonzaremos os que utilizan os mecanismos do poder para castigar a palabra, as actitudes humanas e a economía do pobo, destruíndo o tecido social polos enfrontamentos de supervivencia. Somos os que morreron por torturas e disparos en cárceres, comisarías e na rúa. Somos os subsaharianos asasinados e afogados porque somos a humanidade en loita. Somos Europa de abaixo arriba. Somos o mundo soñado. Somos os nenos que enferman e sofren polo mundo. Somos Copel-Apre con identidade propia, unidos a todas as desesperacións e a todas as esperanzas que marcharán por Madrid. Somos a pretensión da paz, a mellor ambición humana, posible sacando dos ministerios, escanos e concellos a quen traizoan o pobo porque non nos representan.
Para derrubar os muros das prisións é necesario derrubar os muros mentais da sociedade que fai posible a coerción polas desigualdades xeneralizadas. O cárcere é o efecto da inxustiza e a desproporcion. Pretendemos axudar humanitariamente ás persoas máis necesitadas. Por conciencia e solidariedade, COPEL e APRE (r) lanzan a seguinte táboa reivindicativa:
1.- Amnistía presos sociais do franquismo.
2.- Catro alternativas para evitar as torturas:
a) Entrada libre e sen limites ás asociacións para evitar os malos tratos.
b) Habeas corpus (presentación inmediata ante o Xuíz) de calquera preso que o solicite.
c) Un observador xudicial permanente en cada prisión.
d) Instalación dunha oficina pro dereitos humanos en cada cárcere cun mínimo de 500 residentes.
3.- Traballo remunerado con cotizacións á SS ou subsidio por desemprego para todxs xs presxs.
4.- Asistencia medico-sanitaria non dependente do Ministerio do Interior. Persoal sanitario non corporativo.
5.- Liberdade de enfermos crónicos, patoloxías incurables e minusválidos físicos e psíquicos. Ou cumprimento de pena domiciliaria.
6.- Anulación do réxime FIES (illamentos crónicos e precoces).
7.- Desprisionización de parados laborais, precarizados ou persoas con ingresos económicos inferiores ao salario mínimo.
8.- Presentacións telefónicas para as medidas preventivas de control externo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario