6 feb. 2014

Última Hora.- Hoxe "Senlheiro" saiu de Villabona de traslado a Madrid

Segundo información facilitada polo Colectivo De Apoio A Senlheiro:

Adrián foi trasladado hoxe pola maña a un cárcere de Madrid. Por "motivos de seguridade" non sabemos a cal ata que chegue e poida chamar e dicir onde está. Os traslados soen durar varios días pois van pasando por varios cárceres antes de chegar ao destino. En canto saibamos a nova direción escribimola aquí. Non enviedes cartas a Villabona porque as mandan de volta, non se van molestar en reenvialas aonde se atope.

(nota de Abordaxe): Lembramos que a súa vista na Audiencia nacional está diada para o 3, 4 e 5 de marzo, onde se lle xulgará polos cargos de “pertenencia a banda armada” e “depósitos de explosivos”

eDu

1 comentario:

  1. Segundo informaçom de CEIVAR :

    Após três dias e duas noites de "cunda", por fim sabemos que "Senlheiro" se atopa no centro penitenciário de Navalcarnero.

    Os motivos argumentados para justificar o traslado de Senlheiro desde Villabona (Asturies) até Navalcarnero respondem à proximidade do seu julgamento na Audiência Nacional que terám lugar os dias 3, 4 e 5 de Março.

    O seu novo endereço é:

    Adrián Mosquera Pazos
    Centro Penitenciario Madrid IV
    Carretera Nacional-V, Km. 27,7
    28600- Navalcarnero (Madrid-Espanha)

    http://www.ceivar.org/nova/index.php?option=com_content&view=article&id=1909:o-preso-independentista-hadriam-mosqueira-conduzido-a-navalcarnero&catid=34:novas&Itemid=1

    ResponderEliminar