Colamos este artigo de colabouración para Borroka Garaia da! escrito por Andoni Baserrigorri, polo interés que ten canto di:
O carácter e a esencia do estado español é a violencia. O actual estado é de sobra coñecido é herdeiro directo da ditadura do xeneral Franco, que tampouco fai falta recordar, os niveis de violencia que alcanza tanto para impoñerse coma para manterse.
A lectura do libro de Grimaldos sobre a chamada transición deixa ben ás claras, que o estado non renunciou á súa esencia violenta para lograr que a base ideolóxica do franquismo ( unidade da chamada por eles nación española a toda costa e anticomunismo radical baseado no nacional-catolicismo integrista) se mantivese intacta e non houbese posibilidade ningunha de lograr nin a autodeterminación das nacións oprimidas polo estado, nin se tocase o poder económico da gran burguesía.
O cambio de cara do réxime logrouse sobre a base de dous eixes. Por unha parte o amansamento da esquerda revolucionaria, que entrou polo aro e por outra parte a utilización sistemática da violencia tanto en manifestacións, coma na represión daqueles movementos e partidos que "non entraron polo aro". Asasinatos como o dos cinco avogados de Atocha, Yolanda González, os cinco obreiros de Gasteiz e tantos e tantos asasinados polos guerrilleiros de Cristo Rey e outros grupos para-policiais, así como de tantas persoas que morreron a man das FOP naqueles anos e que como comentamos relata Grimaldos no seu excelente libro, dan fe da utilización da violencia por parte do estado como ferramenta política, así o demostran.
Si que é certo que durante unha serie longa de anos, que poderiamos situar como inicio a primeira lexislatura do PSOE ata hai dous anos, o nivel de violencia do estado baixou considerablemente nas rúas do estado español, se exceptuamos basicamente Hego Euskal Herria. Pero o estado español non abandonara a súa vocación violenta.
Descendeu a violencia do estado do mesmo xeito que a esquerda revolucionaria estatal practicamente despareceu e como esquerda tan só quedo un PSOE centrado en enriquecerse e facer xenuflexións ao imperialismo que lle financiou e ergueu ao poder e un PCE-IU que abandonou calquera fantasía revolucionaria e tan só buscaba unha parte do pastel, tratando de gobernar nalgunha autonomía ou concello.
Loxicamente se non hai esquerda revolucionaria que reprimir, non hai porque sacar a flote medidas represivas nin excesiva violencia. Unha labazada de cando en vez a algún esquerdista que se saía da liña e punto.
Pero aí seguía a violencia estatal como ferramenta de acción para impoñer os seus criterios. Non gobernaba o PP, gobernaba o PSOE, pero apareceu o GAL.
Non gobernaba o PP, gobernaba o PSOE e todos os informes anuais falaban da presenza sistemática da tortura contra a maioría das persoas detidas en Euskal Herria.
Non gobernaba o PP, pero co PSOE seguía habendo malleiras constantes nas manifestacións da esquerda independentista vasca. Co PSOE e o PNV de acordo apareceu a dispersión dos e as presas políticas.
Gobernando o PSOE e non o PP a resposta aos movementos obreiros dados pola reconversión industrial foi tremenda, en Euskal Herria, pero tamén en Ferrol, Cádiz, e moitos lugares máis. A reconversión industrial impúxoa o estado mediante a violencia e levouna a cabo o PSOE.
O estado español da man do PSOE incorporouse á OTAN, organización terrorista onde as haxa e involucrouse na primeira guerra de rapina imperialistas tras a caida do campo socialista, en Iraq. A contestación ás protestas sempre foi violenta.
Euskal Herria, como xa comentamos nalgunha ocasión foi un laboratorio represivo, onde o estado empregou a violencia ata limites extraordinarios, ante o silencio cómplice de boa parte da esquerda estatal, e o sindicalismo. Nunca nin CCOO, nin IU nin o PCE, estando Anguita ou outros dixo esta boca é miña ante esta violencia despregada polo estado español para rematar coas ansias de liberación vascas.
O que acontece de dous anos para acá non é novidoso entón. Non ten razón o meu estimado amigo e compañeiro. A violencia estivo presente sempre en actuar dun estado, o español, que naceu da violencia, creceu na violencia e non ten ningunha vocación de deixar de practicala.
E non é o PP, quen empezou con estas dinámicas, o actual PP, polo menos. O PSOE utilizouna sempre que a necesitou, así como a UCD. Non é o PP violento, é o estado español o violento, o PP é un mero xestor desa violencia como o faría o PSOE ou calquera outro partido que acceda ao goberno para gobernar e non transformar.
O que o espera ao conxunto dos pobos e clase obreira que temos a desdita de estar dentro da pel de touro, "por narices" é máis violencia ou resignación. Pensar que santa Teresa vai arranxar isto ou pegar un puñazo na mesa como fixeron os veciños de Burgos.
Neste escenario de crise sistémica, brutal, de identidade e falta de valores e tamén económica o estado español se esta rearmando porque sabe que a paciencia non é infinita e a xente vai saír á rúa, máis aínda do que saíu ata agora. Hai un ano en Valencia as escenas de violencia policial poñían os pelos de puntas, despois en Barcelona, Madrid, contra todos os sectores que se atreven a saír á rúa, contra os mineiros, mestres ou bombeiros se fai falta.
Os anos de laboratorio vasco remataron. O que vai facer o estado é levar os seus coñecementos represivos ao conxunto do estado español e do mesmo xeito que durante 20 anos aquí se seguiu vendo claramente a violencia do estado agora o van ver no resto do estado en toda a súa crueza. Xa anunciou Rajoy que non vai permitir nin o referendo nin a independencia de Catalunya. Só faltoulle dicir que o fará mediante a coacción e a violencia se a necesita. Imperio da lei chámanlle a esta lea.
Vai ser mais necesario que nunca que a esquerda revolucionaria do estado aprenda das medidas represivas levadas a cabo en Euskal Herria para poder afrontalas. Vai ser máis necesario que nunca o exercicio do internacionalismo, para que os pobos poidamos ser libres. E vai ser máis necesario que nunca a clarificación ideolóxica e desenmascarar as vedettes da esquerda que neste escenario dende os seus pulpitos televisivos tratan de enganar unha poboación que non pode máis. O demo para enganar minta as sagradas escrituras, niso andan algúns "anticapitalistas".
E sobre todo vai ser mais necesario que nunca que todos e todas, nacións soxulgadas, pobos oprimidos e explotados tomemos conciencia da esencia violenta do estado. É nese escenario onde se vai ter que xogar a partida nos próximos anos, nun campo onde o rival vai empregar a violencia ata niveis insospeitados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario