Recibimos do Colectivo de Apoio a Senlheiro a petición de facer público este seu texto, ao que acedemos gostosas:
Queremos transmitir o seu desexo de que só acuda a familia ao xuízo, e o seu agradecemento a todas as persoas que estaban dispostas a ir e mostrar a súa solidariedade.
Sinte moito avisar desta decisión tan tarde coas molestias que esta poida provocar, mais é nesta semana na que está a preparar o xuízo cos avogados. Agardamos que comprendades que se sinta máis tranquilo desta maneira. Lamenta moito non poder aproveitar a ocasión para ver rostros de amigxs e coñecidxs mais desta maneira pode centrarse máis na declaración e estar menos nervioso.
Pola nosa banda, agardamos que poida recuperar a ocasión moi pronto, voltando con nós á casa.
O xuízo será os días de antroido, 3 4 e 5 de Marzo na Audiencia Nacional, tras unha espera en prisión preventiva de 1 ano, 1 mes e 24 días.
Xa vos contaremos que tal vai o "conto".
Dende este colectivo queremos voltar agradecer a todas as persoas que dun xeito ou doutro mostraron a súa solidariedade e a todas aquelas que dades folgos no día a día, e agardamos poder disolvelo moi pronto e que Adrián non precise que falen por el, e sobretodo, que poida voltar recuperar a súa liberdade.
Forza ,saúde e grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario