26 feb. 2014

3 de marzo: O Eixe do Mal sobre Bilbao. Chamado anarquista

Recibimos este cartaz e o seguinte texto dun chamado anarquista para un protesto contra o cumio internacional que se vai celebrar en Bilbao e contará coa asistencia das principais representantes das elites político-económicas locais e mundiais. Colamos despois de traducido:


3 DE MARZO TODAS A BILBAO!

O 3 de marzo vai ter lugar un cumio internacional en Bilbao que contará coa asistencia das principais representantes das elites político-económicas locais e mundiais. Estas, baixo o pretexto de reflexionar en torno á competitividade e o desenvolvemento, van expandir e fortalecer as estratexias neo-liberais, máximas responsables da miseria do traballo asalariado, o imperialismo e da destrución da terra.

A oposición a este encontro é un acto simbólico con moita importancia e unha oportunidade sen igual para demostrar que non queremos permitirlles que sigan arrebatándonos as nosas vidas. Non avogamos por un modelo propio de capitalismo para Euskal Herria, nin por un partido que pretenda facernos crer que é posible cambiar os intereses do sistema "dende dentro", nin por un capitalismo máis verde e amable, nin loitar por reformar unhas leis que volverán cambiar cando lles interese... Queremos unha transformación cualitativa e dende a raíz da que sexamos partícipes!

Para iso, hai que construír alternativas que supoñan un enfrontamento ao modelo social capitalista, sustentado no delegacionismo e o voto. Reapropiándonos da nosa forza de traballo, xerando alternativas ao estado do benestar, solucionando as nosas necesidades á marxe do mercado, fomentando a toma de decisións horizontal, xerando novos sistemas de valores axustados a cada ética colectiva.... Así como atacando os símbolos de toda forma de poder. Sirvámonos das nosas ferramentas históricas -sabotaxe, desobediencia e acción directa- para romper coa imposición dunha paz social sustentada na nosa explotación. Arrepoñámonos ao cumio e ás súas políticas do terror!

FMI Eurogrupo OCDE Banco Europeo de Inversiones Rajoy Urkullu Azkuna
Rei Juan Carlos Inditex Iberdrola Telefónica BBVA Técnicas Reunidas Sener Ingeniería y Sistemas Talgo Gestamp Banco de México Ministerio de Economía, Industria y Energía

Non lles pedimos nada, porque todo nos pertence.

A loita é o único camiño!


trad x eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada