1 feb 2014

[Madrid].- A policía é obrigada a fuxir pola veciñanza de Lavapiés tras desafiuzar a un enfermo crónico.



O desafiuzamento de Antonio, un home de 54 anos con unha enfermidade crónica e incapacidade permanente, saldouse onte, 31 de xaneiro, con duros enfrontamentos entre policías e veciñxs do barrio de Lavapiés de Madrid, que dende primeira hora da mañán se concentraran para evitar o desafiuzamento convocados pola Asamblea de Vivenda do centro de Madrid. Pouco despois da unha da tarde, cando xa se producira o desafiuzamento, a policía municipal (antidisturbios) comenzou a cargar contra veciñxs e activistas que continuaban concentrados arredor da vivenda.

Antonio vivía de aluguer nunha vivenda con unha mensualidade superior á súa pensión de incapacidade. A pesar da oposición dxs veciñxs, a comisión xudicial accedeu á vivenda de Antonio e levou a termo o desafiuzamento. Segundo a Comisión de Vivenda de Madrid, Antonio atopase sen máis alternativa que acabar vivendo na rúa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario