Damos pulo a estas xornadas organizadas por Unión Libertaria de Ferrol, que con esta convocatoria xá fan unha duzia. Tódolos actos serán ás 20:00 horas no Espazo Libertario na Avda. Esteiro, 10 baixo.
As actividades previstas son as seguintes:
Martes 18: Presentación do libro “La vuelta a la naturaleza” por Josep María Roselló
[ + INFO ]
Mércores 19: Presentación do libro sobre Rosa Bassave “Você sabe e eu conheço” con Alberte de Esteban, Lupe Ces e CNT
Xoves 20: Megaminaria, saqueo e espolio do noso territorio. Con Paco García Trigo e Carlos Reino Vecino da Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños ( ContraMINAcción).
Venres 21: Política forestal, ¿Solución ou problema? con representantes da Sección Sindical Forestal de CNT – SOV Vigo
Sábado 22 ás 18:00: Homenaxe ás vítimas do fascismo. Diante do antigo cemiterio de Canido
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario