Postas en contacto con unha das persoas que estaba facendo pernocta na Sala, contounos de que a policía chegou sobre as 9 da mañán, e sen saber aínda ben como foi que entraran, identificaran a todas as persoas que estaban dentro (unha delas foi levada atá comisaría para elo ao non levar a súa identificación enriba). Contan que as forzas policias (entre 25 e 30 segundo os falsimedios) non ensinaran en nengún momento a orden de desaloxo, e as preguntas das okupas ao respeito limitabanse a decir que si tiñan, pero, repetimos, non a ensinaran en ningún momento. Dicer que permitiron recoller os enseres antes de proceder á retirada das faixas que colgaban das ventás e ao seu feche por un cerralleiro.
Parece ser que ata o momento do desaloxo, a rúa do Villar permanecera cortada ao paso de pions. A veciñanza só podía camiñar baixo os soportais de ambas beiras da rúa. Se ben no momento do desaloxo, un grupo de solidarias proferían berros de protesta contra a alcaldía e a favor da rehabilitación deste espazo para programación de actos culturais.
Agora mesmo hai xente concentrada diante da Sala e para as 20:00' hai convocada unha Concentración de repulsa polo desaloxo na Porta do Camiño. Convocatoria acordada previamente en Asamblea para o día do desaloxo. Alá nos veremos.
colado x eDu
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Informaçom do portal GalizaLivre:
ResponderEliminarhttp://www.galizalivre.org/?q=noticia/14.02.2014/despejo-na-sala-iago
Despejo na Sala Iago
Redaçom/ Acaba de ser despejada a Sala Iago sobre as dez desta manhá. A Polícia Nacional registou e identificou a todas as que se atopavam no espaço, ainda que sem levar a ninguém detida, numha mostra desse elegante civismo que tantas bocas encheu estes dias.
Nesta semana passada a Sala renascera para funcionar como nos seus melhores tempos; cum lote de atuaçons, concertos, palestras e projecçons. Esta linha pretendia-se seguir esta semana, havendo já concertadas atividades como aulas de linguagem de signos, um recital feminista, palestras sobre saúde mental, projecçons... Como é lógico tinham que deter já este vandalismo selvagem, polo que ao final a reapertura da Iago só deu para quatro dias, porém avondo prolíficos.
De momento como resposta há convocada umha manifestaçom para esta tarde às 20:00 em Porta do Caminho.
Acode e difunde!
Colamos comentario ao respeito recollido dunha rede social:
ResponderEliminarHoxe, de mañá cedo, desaloxaron a Sala Yago.
Como seguramente saberedes, é a segunda vez que se tenta ocupar este espazo. No pouco tempo que duraron as okupacións, desenvolveuse un traballo cultural de base, libre e completamente alleo a empresas e institucións. O vello proxector, do ano 1934, voltou funcionar para ledicia de okupas e viciñas. Houbo charlas literarias, obradoiros para crianzas, proxecións, debates, concertos... e especialmente foi un espazo de convivencia e intercambio, que, creando comunidade, loitou contra a especulación e a corrupción que impera na nosa cidade.
Se anteriormente nos vimos as caras co fachendoso mafioso de Conde Roa, agora o seu herdeiro Currás, tamén imputado por ladrón, está detrás dun operativo policial ilegal que procede a botarnos fóra da sala sen orde de desaloxo.
A nós nunca nos importou a súa legalidade, esa que eles mesmos vulneran sen contemplacións. Sabemos que estábamos a molestar, e queremos molestar. Moitas de vós pasastes por esta sala, axudástesnos a desobedecer, a crear e a coñecérmonos un pouco máis nun mundo dominado polo medo e a psicose.
É por iso que hoxe chamámoste de novo, ás oito na Porta do Camiño. Sen medo e con orgullo de desobedecer a esta panda de criminais. Abonda xa de políticos e empresarios que decidan por nós. Retomemos o control das nosas vidas. Pola disolución do Concello, pola liberdade sen cargos para a xente que foi detida na anterior okupación, e que foi vítima dunha montaxe mediático-policial. POLA LIBERDADE.
Que estes mafiosos non nos calen a boca. ÁS 20 H. NA PORTA DO CAMIÑO
este anterior comentario-comunicado-convocatoria merece de ser publicado
EliminarAo parecer o desaloxo é ilegal. Non existe aínda orden de desaloxo por parte de ningún xuíz. Está claro que tiñan medo de que os diferentes conflictos sociais da cidade confluísen nun espazo de encontro.
ResponderEliminarConvidamos un chamamento a tod@s @s compañeir@s de tódolos puntos da Galiza a acudir a concentración de hoxe en Compostela e facemos un chamamento @s que non poidan acudir para realizar actos de solidariedade alí onde se atopen, por grandes ou pequenos que sexan. A imaxinación ao poder!!!!
ResponderEliminar