Colamos esta Carta asinada por Roberto C. Fdez. Pardiñas "Ceive", preso galego participante da Campaña Cárcere=Tortura, encirrado na actualidade no CP de Monterroso, e que recollemos da web de "El Retroceso". Diario Libertario de Lugo e Galaxia:
Excelente Sr. Ministro de Xustiza.
Pola presente e con todos os respectos que merece, diríxomelle.
Co fin de comunicarlle o seguinte, de intercambiar algunhas formulacións no seu eficiente labor como adaíl da represión e o terror que é vostede, instaurou neste país mediante a doutrina do Shock e toda a confusión, incerteza e terror que as súas medidas restritivas e represivas impoñen á masa social.
En primeiro lugar as súas purgas recadatorias co fin de silenciar a un pobo atormentado, asustado e necesitado, paréceme un absoluto acto de tiranía, máis propio da idade feudal que dos tempos nos que uns avanzan e outros malviven ou sobreviven. O carácter da súa hábil manobra para silenciar ás masas menos favorecidas, é propio dunha mente tan retorcida como a súa, se ben e como deus non queda con nada de ninguén, a xente desasistida, usurpada polas entidades que o seu goberno monopoliza, lle van servir de nada pois está abocando a xente a unha explosión de desespero...
En referencia á súa "reforma" sobre a lei do aborto resúltame aberrante que ninguén poida abusar do seu poder para instaurar un retroceso a ese respecto de tres décadas, pisando o dereito de todas as mulleres a poder decidir libremente sobre os seus actos e as súas vidas, creando como nos anos 80 a obrigatoriedade de poder tomar eleccións de tan suma e vital importancia para calquera muller na máis absoluta clandestinidade, pois o seu conservadorismo retrógrado e as súas decisións respecto ao pobo ao que representa e debería defender, deixan todo que desexar e crean unha situación de agravio respecto ás mulleres, que son seres humanos igual que vostede, nas diferenzas obvias de carácter biolóxico e que elas son a fonte da vida e no 2013 prosegue o imperativo patriarcal onde deixan á muller nun plano inferior, o cal lle vaticino e aseguro que a vida o fará comprobar e ter que afrontar consecuencias indesexables.
En referencia á derrogación da doutrina Parot, permitiron saír a asasinos e sobre todo delincuentes sexuais de patolóxicas perversións, cando quedan moitos prisioneiros que levan cumprido esas cadeas perpetuas e a institución carceraria co beneplácito do poder, encerra, encadea e reprime aínda máis é o que non evidencia ao meu humilde entender, máis que unha política de exterminio, que vulnera todo principio ou dereito debido ao hermetismo dos presidios.
Quizais? Esta non chegue ás súas mans directamente, pero poñerei todo o meu empeño en que o meu estado de desamparo abocado ao desespero chegue ata vostede, xa que son tan fieis e leais conservadores dos valores políticos e as leis instauradas.
Sen máis despídese atentamente un indignado que lle desexa unhas felices Falsidades e un prospero ano novo.
Asdo. Roberto C. Fdez. Pardiñas
No hay comentarios:
Publicar un comentario