10 feb 2014

[Bergantiños] Reventa unha balsa mineira no Monte Neme. Un recordatorio do que podería suceder en Corcoesto??

Na madrugada de onte para hoxe, unha das balsas mineiras abandonadas de Monte Neme reventou e provocou o caos en Aviño (Malpica) e Razo da Costa (Carballo). Según apuntou unha veciña de Razo da Costa, as riadas comenzaran pouco despois de remitir a forza do vento. Entón, grandes masas de auga, mixturadas con terra, pedras e lodo, arrasaron leiras, camiños e ameazaron unha vivenda de Aviño. Por sorte non houbo danos ás persoa, mais algunhas leiras ficaron literalmente arrasadas pola forza da riada.

Ante elo, a Plataforma "Salvemos Cabana" denuncia que a rotura da balsa mineira do Monte Neme é un recordatorio do que podería suceder en Corcoesto:

A rotura dunha das balsas mineiras do Monte Neme na madrugada do luns, e a riada conseguinte sufrida polas parroquias de Aviño, en Malpica, e Razo da Costa, en Carballo, provocando un desastre ambiental sen precedentes na Bisbarra de Bergantiños, é un recordatorio de como a falta de previsión da Dirección Xeral de Minas derivou un accidente que podería terse evitado.

A pesar das sucesivas borrascas dos últimos días, e o elevado nivel de precipitacións, a situación de perigosidade pola inestabilidade das balsas deste complexo mineiro abandonado fora reiteradamente advertido por múltiples colectivos e particulares ante o desentendemento do problema por parte da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

PARA SALVEMOS CABANA, ISTO PODERÍA ACONTECER EN CORCOESTO

Valorando os feitos, debemos recordar unha vez máis o risco potencial que supón permitir un conxunto de balsas mineiras de moita maior superficie á "rebentada" con residuos de alta toxicidade na mina de Corcoesto, e como puido ser posible a aprobación da Declaración de Immpacto Ambiental nesas condicións, pois unha vertedura ao Esteiro do Río Anllóns podería xerar unha avenida de lamas tóxicas que podería deixar pequeno ao acontecido na mina sevillana de Aznalcóllar en 1998.

Por todo iso, dende Salvemos Cabana consideramos que a Xunta debe considerar o denominado "Principio de Cautela ou "Principio de Precaución", o que supón examinar comparativamente o custe-beneficio dunha determinada acción ou proxecto tanto a longo como a curto prazo, indo máis alá dun mero análise económica da rendibilidade ao incluír consideracións e o seu grao de aceptabilidade para as poboacións afectadas, que son en definitiva as que terán que cargar coas consecuencias dun posible accidente, pois ante o perigo potencial, non hai proxecto que poida ser o suficientemente rendible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario