25 feb. 2014

Calendario charlas mes de marzo "Nais contra Impunidade"

Damos pulo a estas convocatorias, recibidas na nosa caixa de correos, das "Nais contra Impunidade" ao respeito das charlas que van dar no vindeior mes de marzo ao respeito da campaña contra a imputación de 15 familiares, solidarias e amizades de Diego Viña (falecido as 16:56' do 22 de setembro de 2004 no Cuartel da Garda Civil de Arteixo) na que a fiscalía impútalles a comisión dun delito de inxurias contra a gardia civil, por buscar a verdade sobre a morte de Diego.

¡¡Non a represión da solidaridade!!!

Calendario charlas mes de marzo



5 Mércores Castro Urdiales

6 Xoves

-12:00h "Sala de grados" Facultad de FI H EZI en Donosti

-18:00h Gaztetxe de Usurbil.

7 Venres

-12:30h Facultad de Magisterio (Educación Social) en Leioa.

-19:00h Orbeko Etxea en Laudio (C/Katuxa Ibarra)

+Cenador vegano y concierto benefico

MARA cantaor areta

Buterflai cantautor acrata

8 Sábado

-14:30h Izarbeltz Ateneoa en Bilbao (C/Andres Isasi 15)

Comedor vegano benefico y acto seguido la charla.

12 Mércores

Ourense

*******

As 15 de Arteixo

O 22 de setembro do 2004, ás 02.45 horas, o ex garda civil Carlos Viña denuncia o seu fillo Diego Viña por un presunto delito de malos tratos no ámbito familiar e este último é detido e conducido ao cuartel da Garda Civil de Arteixo. Ás 16.56 horas Diego Viña falece no devandito cuartel á idade de 22 anos.

Tras o falecemento, a nai do mozo alegou que a denuncia do pai, Carlos Viña, fora formulada de forma irregular, e denunciou o comandante do posto da garda civil de Arteixo (G00402P) e os axentes W97788Z, 34896949, Q47830E e T68012Z como autores dun delito de homicidio doloso en comisión por omisión e de detención ilegal. Durante o procedemento os gardas civís implicados declararon que estaban ao tanto do que facía o arrestado a través do audio das videocámaras e que foi un silencio, despois de varias horas de berros e golpes, o que lles levou a sospeitar que algo podía estar a suceder. Segundo a súa versión, ao baixar ao calabozo atópano colgado do barrote superior da porta da súa cela cun anaco do seu pantalón.

O principal indicio do suicidio, o pantalón co que se aforcou, desapareceu “misteriosamente” por ser “arroxado ao lixo”, tal e como recoñeceu na súa declaración o comandante do mencionado cuartel. A pesar diso, a denuncia da nai foi desestimada o 5 de xuño do ano 2008 polo xulgado de instrucción de A Coruña, quen tampouco admitiu o posterior recurso de amparo.

O 12 de outubro dos 2008 (como en anos anteriores) familiares e achegadas/os de Diego Viña reúnense fronte á Igrexa Parroquial de Arteixo durante os actos do día do Pilar e son acusados dun delito de detención ilegal e contra a liberdade de culto.

O 12 de outubro do ano 2010 vólvense a concentrar no mesmo lugar á saída da comitiva da Garda Civil e a subdelegación do goberno na Coruña inicia dous procedementos sancionadores.

O primeiro é un procedemento administrativo contra dúas persoas, supostamente organizadoras do acto. O segundo é un procedemento penal por inxurias á garda civil contra estas dúas persoas e outras trece máis acusadas de gritar: “A garda civil tortura e asasina”. Entre os imputados atópanse familiares e amigos de Diego Viña, varios membros da CNT, membros da asociación “Nais contra a Impunidade”, un profesor da facultade de filosofía de Santiago de Compostela e un membro do colectivo de defensa dos dereitos fundamentais ESCULCA. A fiscalía solicita “multa de quince meses, cunha cota diaria de oito euros e un día de privación de liberdade por cada dúas cotas impagadas ademais do abono das costas”, un total duns 3.600 euros por persoa.

Nais Contra a Impunidade

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada