20 feb. 2014

[Audio] Entrevista a Jose, sobre a súa experiencia nos cárceres para minores

Colamos de Tokata este audio do programa de radio "Los Sonidos de mi Barrio" onde Jose conta como aos seus 10 anos fora internado xunto aos seus irmáns nun centro de “protección” -auténticos cárceres para meniños-. Ante un problema económico familiar a resposta institucional é o internamento, a separación de pais, nais e fillxs ... e posteriormente a separación entre irmáns. Aos 12 entra no centro terapeútico “Picón del Jarama”, onde paradóxicamente medra a súa ansiedade, a súa anguria... é medicado, se lle aplican aillamentos de ata 72 horas, se lle incomunica da súa familia...

A Odisea deste mozo, como a de muitxs outrxs, só remata ao cumprir os 18 anos. Momento no que o sistema de protección deixa de protexelo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada