Almorzamos hoxe con a "graciETA" do noso presi Alberto Núñez Feijóo, quem ante a nova operación xudicial, "Patos", e que afecta a várias localidades galegas, advirte que quen cometa algunha irregularidade "seguro que pagará el pato".
Esta nova operación con novos implicados do seu "partido" (ou habería que comenzar a falar de "dividido") ven a sumarse a outras como "Campeón", "Orquesta" ou "Pokémon", onde se investiga a outras cinco empresas que cobren servizos a concellos, portos, hospitais ou sedes da Xunta, sendo a principal delas, Cespa, líder no seu sector en todo o estado español e propiedad dun xigante ainda maior: Ferrovial.
Pero postos a provocar risas, recorrimos á web da Frente de Liberación do Bolardo criado a finais do ano pasado en torno as eternas obras da Rúa de San Pedro en Compostela e que convidamos a visitar na súa integridade, mais como mostra do seu ben facer ofrecemos o deseño que acompaña esta noticia e en "leer más" un seu video titulado "FLB # POKEMON: A PELÍCULA #" colgado esta semana na rede e que narra en algo máis de 5 minutos un día calqueira na vida do delegado de VENDEX en Compostela. Esperamos que faga rir a Feijóo:
Colado x eDu
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario