17 feb 2014

Accións solidarias nas prisións con xs compas presxs en Folga de Fame

O compañeiro José María Pirla Oliván, actualmente preso no CP Albolote, decidiu autolesionarse, en solidariedade con os compañeiros en folga de fame indefinida, cortándose, como acción de protesta e apoio ás reivindicacións dos compas, o pasado 15 de febreiro. Sabemos que atopase ben. Pirla, leva máis de trinta anos secuestrado, cumprindo cadena perpetua encuberta, é membro de COLAPSO (COLectivo Anarquista de Presos SOciais), así como partícipe das luitas anticarcerarias xunto con Cárcere=Tortura e CNA. Unha vez máis, a forza e valentía dxs nosxs compañeirxs non se amedrenta, porque a luita é o
único camiño.

Así están as situacións dos compas en folga:

Luis Miguel Mingorance, preso no cárcere de Soto del Real -Madrid-, secuestrado polo estado fai xa unhas cantas décadas, membro de COLAPSO e participe da Campaña contra as Torturas en prisión, decidiu declararse en folga de fame o pasado 10 de xaneiro reivindicando: a fin dos FIES, dos aillamentos, máximo de 20 anos de prisión, liberdade dxs enfermxs terminais, fin da tortura psicolóxica, que lle devolvan as súas pertenencias, traballo remunerado para todxs xs presxs e valoración psiquiátrica mensual dado que este réximen causa secuelas de por vida.

Actualmente deixou a folga por razóns de saude.

José Antúnez Becerra, preso en Brians II –Barcelona-, cumprindo cadena perpetua encuberta e condenado a 19 anos máis polos feitos acaecidos no motín de Quatre Camins, en abril de 2004, antiguo membro da COPEL (Coordinadora de Presxs en Luita), e membro da Campaña C=T, declarouse en folga de fame indefinida o pasado 14 de xaneiro e non vai parar ata que lle dean a liberdade ou morra.

¡SOLIDARIEDADE CON NOSXS COMPAÑEIRXS EN LUITA!

Aquí están os seus enderezos, vos animamos a escreberlles para darlles todo o noso apoio:

José María Pirla Oliván
Ctra. Colomera Km.6, CP Albolote - 18220 Albolote (Granada)

Luis Miguel Mingorance Corral
Ctra. Comarcal 611 Km. 37,6 CP Madrid V - 28770 Soto del Real (Madrid)

José Antúnez Becerra
Ctra. de Martorell a Capellades km 23, CP BriansII - 08635 St. Esteve
Sesrovires (Barcelona)

No hay comentarios:

Publicar un comentario