Colamos de Tokata:
Sufría de continuos ataques epilépticos debido a unha bala aloxada no seu cranio tras un disparo hai máis de 10 anos. No último ano padecera dúas perdas de conciencia. En decembro, tras un ataque epiléptico puxéronlle un parte que motivou a retirada do permiso que tiña outorgado. Orka debía de ter estado en observación constante en enfermaría debido aos seus continuos ataques e perdas de coñecemento. Ademais de ter diagnosticado (entre outras) unha hepatopatia crónica por virus C non tiña tratamento ningún estando en estudo para un posible inicio dun para a infección por VHC, a pesar de que o artigo 208 do regulamento penitenciario prevé, respecto das prestacións sanitarias, que "a todos os internos sen excepción se lles garantirá unha atención médico-sanitaria equivalente á dispensada ao conxunto da poboación".
Orka estaba involucrado na loita contra o réxime penitenciario e participaba na Campaña de denuncia contra a Tortura e os Malos Tratos dentro de prisión.
Dende Tokata (e dende Abordaxe) solidarizámonos coa súa familia e amigos.
Honra para Orka. Forza para a súa familia.
Despedímonos de Orka recordando as súas palabras:
"Un viva á liberdade"
Ante todo un saúdo sincero para todos/as os/as compañeiros/as que manteñen unha loita contra o sistema penitenciario e demais organismos represivos que intentan acalar as nosas voces e ideas.
A miña loita comezou en 1.987 cando só contaba con 16 anos e fun privado, entre outras cousas, da miña liberdade física pero nunca xamais lograron dobregarme da miña liberdade psíquica, o que para a "Sociedade" representa un perigo, para min é unha liberación e obriga ética e moral, certamente digo que non expresei o que a miña conciencia me dita dende hai moito tempo e non por temor a nada, senón polos tantos anos de encerro que son os causantes da mingua intelectual á que me vin abocado.
Hoxe por hoxe continúo privado de liberdade pero sigo con estas, ou máis, ganas de expresar todas as inxustizas, abusos, torturas, físicas, psíquicas e sociais ás que me enfronto cada día, non só no ámbito penitenciario, senón en xeral, os desafiuzamentos que o Goberno permite, arrancando dos seus fogares familias que foron enganadas vilmente por un sistema que non é sincero nin verdadeiro, de selo non permitirían que anciáns, nenos, enfermos, cidadáns honrados, o perdan todo, todo por ser enganados por unha política inapropiada e inxusta.
Tan só quixera portar o meu grao de area para que a montaña continúe elevándose ata que dunha vez por todas, os gobernantes saiban e entendan que a Anarquía non é un grupo que se rebela contra a Sociedade, tan só rexeitamos as grandes inxustizas da sociedade, como o sistema penitenciario onde a práctica de torturas, psicolóxicas e físicas, vai en aumento ao mesmo compás que os tempos actuais cambian.
E que a partir da data de hoxe podedes contar con outro compañeiro máis, disposto a loitar cóbado con cóbado cos compañeiros/as dispostos/as a chegar ata o final con todas as consecuencias, así seremos máis, para que as nosas voces e actos se oian máis alto e con maior forza.
ORKA
Aínda que as forzas desfalezan, as voces alzaranse por enriba dos muros.
P.D. Non preguntes por saber, loita por entender o que non se pode preguntar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario