Recollido e traducido da web das "Juventudes Libertarias de Madrid":
Recente aínda está o espectáculo mediático-policial do pasado 28 de novembro de 2013, onde foron secuestrados polo Estado 19 xovens acusados de enfrontamentos con membros dunha organización fascista da Facultade de Dereito da UCM no trascurso da manifestación do 20 de novembro na "Ciudad Universitaria". Todos os compañeiros foron postos en liberdade con cargos, a pesar de que a Fiscalía pediu prisión preventiva para Irene e Baldo. O pasado 30 de decembro, éralles comunicado aos avogados dos/as compañeiros/as o recurso da Fiscalía a esta posta en liberdade, pedindo prisión preventiva contra Irene e Baldo así como a toma de medidas preventivas contra o resto de procesados.
Á parte da criminalización mediática, os secuestros dos compañeiros nas súas casas ou centros de traballo; a evidencia dos feitos como golpe exemplificante do Estado contra os ámbitos de loita madrileños (un día antes da aprobación da "Lei Mordaza") ou o absurdo dalgunhas detencións -moitos dos detidos non acudiran á manifestación na que se deron os enfrontamentos, encontrándose traballando no devandito momento- o Estado quere encerrar entre reixas dous compañeiros máis.
O cárcere volve erixirse como centro de exterminio da pobreza e a disidencia. Se cren que imos deixar de loitar contra a miseria que xera o Poder ao longo e ancho do planeta están moi equivocados. A represión aféctanos a todos/ás, posto que é condición necesaria para manter a orde establecida. A loita é o único camiño.
O Estado quere encarcerar os nosos compañeiros!
A solidariedade, hoxe, máis necesaria que nunca!
Abaixo os muros das prisións!
No hay comentarios:
Publicar un comentario