Xa colamos acá en Abordaxe a noticia do suceso que acabou con Sol encarcerada, e reproducimos un primeiro comunicado do Colectivo Anticarcelario Vuelo de Justicia tomado de ContraInfo, agora recollemos deste medio o seguinte video e apontamos os enlaces de novos Comunicados e Accións de outros colectivos anarquistas, e alén reproducimos (traducido) o texto escrito por José Miguel Sánchez Jiménez dende as prisión chilenas: "Porque tu guerra es mi guerra"
Chile: Comunicado de Anarquistas de la Internacional Negra
Argentina: Mensaje solidario de la CNA de Buenos Aires
Santiago, Chile: Propaganda a 22 años de un sangriento enero y en saludos a la querida compañera Sol F. Vergara (con imaxens).
Porque a túa guerra é a miña guerra
Os teus inimigos... son os meus inimigos máis odiados, cara a eles apuntan os meus ataques, as miñas conspiracións, planificacións e a destrución, eles os teus inimigos... caerán baixo a metralla da rebeldía emancipadora, ti o meu irmán de loita estarás en cada batalla, en cada ataque porque quen temos claro que a nosa violencia nos ataques é necesaria, non dubidamos da súa efectividade e a usamos en consecuencia contra un inimigo implacable e cruel, quen nos oprimen e pretenden organizar as nosas vidas, cara a eles apuntan nosas armas, o noso odio, desprezo e a nosa loita.
Porque cada día o sistema nos violenta e oprime, non podemos cuestionar o accionar violento nos nosos ataques, sempre fomos golpeados e decidimos pasar á ofensiva, golpearemos con forza e eficacia, con gran valentía e decisión, porque o medo non é parte nosa, é reprimenda e ansias de liberación a que invade nosas vidas, no cúmulo de inxustizas os que guían noso accionar, é o sangue dos nosos irmáns caídos na loita o compromiso de non cesar de loitar e facer a acción directa violenta o camiño da emancipación e unha arma efectiva contra os nosos inimigos declarados.
Non choraremos os nosos mortos... reivindicarémolos con ataques audaces e atinados, a semente rebelde dará froitos emancipadores, froitos indómitos cheos de rebelión imparable e sedentos de liberación total. Non esquecemos a nosos caídos, aos nosos presos, menos aínda a nosa loita, seguiremos avanzando enarborando a idea e atacando con forza ao estado capital, os seus iconos e aos seus cans gardiáns.
Coa mente posta na revolta.
Fraternalmente
José Miguel Sánchez Jiménez
Centro de exterminio ex penitenciaria - Calle 9
20 de Xaneiro, 2014
25 ene 2014
[Chile] "Complicidad", Comunicados e Acción en Solidariedade con Sol F. Vergara
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario