O detonante dos protesto foi a violencia destada polas forzas policias contra unha manifestación de máis de 10.000 persoas que protestaba, a finais de decembro, contra o peche do CSO "Rote Flora" (un centro social okupado e autoxerido dende 1989 cunha ampla traxectoria de 24 anos en actividades a pé de barrio), contra da xentrificación da zona e contra a persecución a personas extranxeiras, sobre todo ás refuxiadas que chegaron vía Lampedusa. Nada máis dar comenzo, produzironse as primeiras cargas policiais, onde se usaron cañóns de auga, sprais de pimenta e porrazos contra as manifestantes, que resistiron aos enfrontamentos e respostaron aos mesmos, con o resultado de máis de 600 ferid@s (unhas 500 pessoas e 120 policías), mais a cousa non parou aí e así, nos seguintes días, houbo diferentes enfrontamentos en diversos puntos da cidade como resposta a violencia policial, incluso con ataques contra unha comisaria.
A resposta das autoridades (Hamburgo está gobernada polo SPD, social-demócrata) foi decretar o ‘Danger zone’ para o centro da cidade (especie de ‘estado de excepción’), botouse man de medidas parellas o ‘toque de queda’ e autobuses cargados de antidisturbios procedentes doutras rexións alemañas arribaban a esta cidade portuaria para “impoñer a lei”, en palabras do executivo local.
Centos de anti-disturbios teñen tomados os barrios de ST. Pauli (bastión da esquerda libertaria, o que fica patente mesmo na súa equipa de fútbol), Altona e Sternschze. Están limitados algúns dereitos fundamentais (reunión, manifestación...) e as autoridades pediron á cidadanía que non saia da casa alén das 20:00 horas.
O avogado Andreas Beuth, que representa, entre outros, os activistas do Rote Flora, considera que a Policía está a criminalizar todo un movemento e a distorsionar e falsear novas de enfrontamentos para impor unha 'zona de perigo' que lles permita desmantelar o tecido asociativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario